De corpos e espellos

espejo-resina-plata-viejaMarina Losada Vicente. Algo rompeu no seu interior a noite que lle espetaches, con total desprezo, que os peitos (dixeches tetas desinchadas) xa non eran o que foran. Esgazou a súa estima, sentíndose un saco de pel gastado. Coas túas mans buscando xa o sexo, co teu apuro, o corpo deixou de ser de carne e óso para converterse nun escuro burato de silencios. A maioría dos baleiros fanse aos poucos. Un día tras doutro saen de ti frangullas de ser, que se perden non sabes onde. Aquel burato, aquela fochanca, foi feito de vez. A idea de que volveses tocala despois de que afirmaches con total rotundidade que o seu corpo xa non o era, facíalle perder calquera desexo sexual que puidese sentir.

Nin sequera che contestou o que debía. O seu pudor non protestou a túa propia deterioración. O cinto por debaixo do abdome, o andar ranqueando cando arrincabas o corpo do sofá, coas mans nos cadrís, dificultado de erguerte, a falta de atención polo aseo íntimo, disimulado no moito brillar do pelo. Non o dixo e non o sente, total, para que?

Dez anos, dez, cohabitando dous descoñecidos. Aurelia, que non volveu ser a que era e aquel que a desnamorara. O matrimonio, “a unión dun home e dunha muller, lexitimada pola sociedade”, segundo o dicionario, “sacramento permanente e indelébel”, mantén o catecismo, mudou nunha roda mil veces pesada, unha condena que a obrigaba a compartir a maior das intimidades, as sabas, sen atender o seu gusto nin o seu desgusto. Sen marxe para a liberdade dentro; con todos os medos… fóra.

  Agora que non te ten, mírase con orgullo, sabendo que todo está no seu sitio, tamén a artrose, só que en lugar de teimar en apuntar ás alturas, a humildade do propio corpo, coa axuda inestimable da gravidade, prefire mirar cara abaixo, acercándose á terra que a recollerá. Non dirá iso de que a engurra é bela, non señor, non. Non é bela, é vella a muller do espello. Pero é a persoa máis real e auténtica que xamais vas coñecer.

 

5 comentarios en “De corpos e espellos

  1. Apreciada Marina: Entiendo que la respuesta del marido de Aurelia sería totalmente distinta a la de ella por la sencilla razón de que ellos, siempre desean quedar por encima.(sonrío)
    Comprendo que, en ocasiones, mis comentarios pueden pecar de triviales, pero también es verdad, que lo hago con la sana intención de dar un toque de humor. – “Lo decía Leonardo da Vinci: “Si es posible, se debe hacer reír hasta a los muertos.
    Vuelvo al principio:-¿Quién no se ha sentido alguna vez insignificante ante los demás? El escritor Eloy Moreno cree que la sensación de “invisibilidad” y el dolor que genera la indiferencia, es una constante en el hombre en algún momento de su vida. Y que tan responsable de ese sentimiento es quien lo sufre, como quien tiene a su alrededor.
    Celebro que la señora Aurelia haya llegado a mayor con mucho orgullo de si misma. Lo merecía.
    Me agradada leerte.

  2. Ainda que tarde, Naty, contesto con unha pregunta: Como seria o conto na boca do home de Aurelia? Sabemos que diferente o que non quita que esa fose a realidade que ela viveu. Tivo a gran sorte de chegar a vella con moito orgullo de si mesma a pesar de que na casa e tamén na rúa leven anos rodeándoa dunha nube de invisibilidade. Bicos

  3. Marina: ¿Por qué las mujeres somos, casi siempre, las “malparadas” en casi todo? Para algunos, llegada cierta edad, nos cuelga todo. Los pechos ya no son pechos, sino “tetas desinfladas”. Ya no despertamos deseo sexual. ¡Ni qué eso fuera el todo de un ser humano!, concretamente de una mujer. ¿Es qué a ellos no les cuelga nada.? ¡Vaya si les cuelga! Confieso que no es mi deseo seguir con los “colgantes” para no herir susceptibilidades.
    Y ahora vienen las arrugas; el peor enemigo de la mayoría de las mujeres. Pero no por ello vamos a derrumbarnos. ¡Claro que no!, porque todavía nos quedan los valores de la dignidad, no dejando que los surcos de la edad, nos “arruguen” mucho más. Dicen que la arruga es bella; bueno hasta cierto punto, ya que hay individuos que no lo ven así. ​
    En este paso del tiempo que nos legó la vida, las arrugas de mi cara, son el reflejo del alma, y que yo luzco orgullosa, aunque me llamen “abuela”. No nos preocupemos; no hay mujeres viejas ni arrugadas, solo mujeres mal decoradas.​
    Me gusta como escribes, por traer esos bellos recuerdos que, aunque ellos nos hagan ver que hemos cumplido años… ¿Habrá algo más maravilloso? ¡Pobre del que no ha podido contar o vivir esos recuerdos! Seguro que habría preferido llegar, “aínda que estivesen coa cara como unha pilonga ou unha uva pasa”.
    Un abrazo desde esta bello rincón de Palmeira.

  4. Cando a vida se tingue de rutina desaparece a imaxe no espello. Vemos a realidade diluida detrás da máscara que día a día nos vai conformando. Cada amancer a máscara recibe unha nova capa que a vai endurecendo. E cada noite un repintado. Bicos Magdalena.

  5. Ya veo que él, era todo un caballero, un “Amadís de Gaula” que sabía tratar a las mujeres.
    Aurelia no debería ser tan sumisa con ese ser provisto de “sex appeal” que le proporcionaba ese cinturón amarrado a las ingles. Nunca debiera haber echado a perder esos diez años de vida y entregarse con la total renunciación al concierto de somieres chillones por mucho que lo recomiende esa primera condición del matrimonio canónico que es el de, “amaros para siempre”, y quitarse de encima cuanto antes a esa mosca tsé-tsé.
    Bueno, a veces es mejor no desperdiciar el odio con esa clase de gente, simplemente decirle adiós de la forma más clara: con el índice y el meñique erguidos y los otros cerrados.
    Marina, siempre es un gustazo leerte.
    Besiños palmeiráns, querida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *