As Ramonas, de Ana Cabaleiro

e0ca11365bfe061ea81deed3883af02bMaría Xesús Blanco. É un pracer mergullarse na lectura de As Ramonas (Editorial Galaxia, 2018). Novela galardoada hai uns meses co Premio García Barros na súa trixésima edición, é unha obra narrativa da xornalista e escritora galega Ana Cabaleiro. A autora, que tivo a súa estrea literaria co libro de relatos Sapos e sereas, artella un argumento contemporáneo nun escenario rural nas terras do Deza. A protagonista é Mona Otero, unha muller loitadora que se atopa nun momento laboral e persoal da súa vida moi complicado. Fotógrafa de profesión, que deveza por reorientar a súa carreira artística, é sancionada coa perda do carné de conducir. Deste xeito, vese abocada a depender doutras persoas para trasladarse dende a súa aldea ata os lugares onde precisa desenvolver a súa vida. E é maiormente en espazos pechados, no interior de diferentes vehículos, onde a protagonista se vai xuntando con outras mulleres, con outras Ramonas coas que constrúe afectos e desafectos. E coas que tece unha xeografía vital e emocional na que os homes aparecen como personaxes secundarios en relación con elas.

ana-cabaleiroO fío narrativo conforma deste xeito unha trama áxil e coherente na que agroman temáticas diversas como o papel das comunicacións no entorno rural, a precariedade da crise económica, as dificultades da muller na sociedade actual, a creación artística e as arelas de acadar éxito na vida, ou as singularidades dun mundo rural en mutación.

Unha prosa solvente que zumega frescura e realismo. Unha novela imprescindible e emocionante. Parabéns a autora!

2 comentarios en “As Ramonas, de Ana Cabaleiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>