A banalidade do ben

Fantasmas en el río 14-LX. Ricardo Losada. Estou nun momento de especial alegría porque me acaban de dar unha boa noticia e, ao chegar á casa, nada máis abrir a carpeta de Filosofía para preparar unha clase, atópome con esta frase da moi grande poeta uruguaia Ida Vitale: “Existen os mortos-río, seres queridos que seguen con nós mentres os pensamos”. Deseguido me vén á memoria un deses recordos que me quedaron gravados hai moitos anos porque me produciron un enorme impacto emocional. Un neno de oito anos que, vendo fotos da voda dos pais, lles pregunta como podían estar tan contentos se, naquela época, el non existía.

Eu fago algo parecido. Preguntarme se os meus mortos-río (meu irmán, meus avós, algún amigo) estarían nese preciso momento criticando que eu fose tan feliz se eles xa non estaban. Antes de contestar, e por moito que saiba que esa é a función dunha boa poeta, maldigo a Ida Vitale. Co azul que estaba o ceo, non lle perdoo estes negros nuboeiros. E a cousa aínda empeora. A miña mente filosófica xeneraliza o problema recordándome aquela famosa pregunta que fixo Adorno en 1951: É posible escribir poesía despois de Auschwitz? Non sei se vos parecerá unha comparación esaxerada e, en moitos sentidos, sen dúbida, éo, pero non en canto ao sufrimento persoal. A morte dun ser querido é máis dura emocionalmente para a maioría das persoas que todas as mortes dos campos de concentración. Hannah Arendt falou da banalidade do mal para explicar a conduta do nazi Adolf Eichmann. Fantasma-AzulNon produciu masivamente un mal extremo porque fose un monstro senón porque era un tipo normal que facía con eficacia e ambición o seu traballo. Eu falaría tamén de banalidade do ben. Non facemos o ben porque sexamos persoas marabillosas, senón porque somos uns tipos normais que queremos darlle un sentido altruísta ao relato que contamos da nosa propia vida.

Meus avós morreron pasados os 75 anos, meu irmán aos 57 e o meu amigo de adolescencia Laureano aos 17. Nunca me fixen esa pregunta que, ao parecer, tantas persoas teñen feito: Por que eles e non eu? E quizais sexa esa a razón de que nunca actuara cos mortos como pide Simone Weill: a mellor piedade cara a eles é facer todo por quen xa non existe. Sei que o dicía con sinceridade pero, tal e como ela o concibía (un enorme sacrificio persoal pola humanidade), esixe un heroísmo que non está ao alcance da miña psicoloxía banal. Eu creo que, por moi duro que pareza, a mellor piedade cara aos nosos mortos é ser todo o agradecido que merece poder seguir sendo felices aínda que eles xa non estean.

6 comentarios en “A banalidade do ben

  1. Prezada Magdalena:

    1- Que certo e que triste. Hai que tomar precaucións para dicir o que pensas.
    O único que neste momento está pondo realmente en perigo a liberdade de
    expresión é a autocensura. De aí a proliferación de fascistas a un e outro lado
    do espectro político.
    2- Síntoo. Pero a min esas circunstancias ás que te refires non me cambian os
    principios. Por desgraza, só afectan aos desexos.
    3- Todo sería máis fácil se me deixara manipular por algún deses políticos. É a única
    forma de gozar unha campaña electoral.
    Máis apertas

  2. Buenos días querido profesor:
    1- Me alegro de que me hayas interpretado bien, yo sé que siempre me entiendes. Para expresar nuestras ideas y sentimientos a veces conviene tomar precauciones sobre el momento y el lugar; yo sé que el lugar es el adecuado y el destinatario ídem.
    2- No me pareces que seas tan agnóstico como predicas serlo. A nuestros inamovibles principios a veces las circunstancias los convierte en movibles. Con la fe, pasa igual.
    3- Procura que la campaña electoral no acabe con esos momentos placenteros. Hay que dominar las tripas a fuerza de voluntad y no dejarse manejar por gente puramente verbalista.
    Besiños palmeiráns.

  3. Prezada Magdalena:

    A frase de Stalin é terrible porque sabemos ben o que significaba para el. Entendo porque a citas, pero eu creo que ese contraste entre traxedia e estatística é absurdo. Toda morte é unha traxedia. Máis mortes, máis traxedias. Outra cousa é a emoción que provocan en nós. Non poderiamos vivir se nos emocionásemos do mesmo xeito con todas as mortes.
    Como agnóstico só podo dicir que o importante non é se os mortos-río nos ven a nós, senón se nós seguimos véndoos a eles.
    A transmigración das almas non me seduce moito, a verdade. Coincido contigo en que é moi interesante ter varias formas e pensamentos, pero iso é algo que podemos comprobar ao longo das nosas vidas. Non tes a sensación de que, desde que naciches, a túa alma cambiou moito, tanto de pensamento, como de corpo?
    Moitas grazas polo desexo final. A campaña electoral está facendo todo o posible para impedirmo.
    Apertas rianxeiras

  4. Voy a empezar, querido profesor, por donde dices que la muerte de un ser querido es más dura emocionalmente para la mayoría de las personas que todas las muertes de los campos de concentración. Sobre eso, recordarás que Stalin decía: “Una muerte es una tragedia, un millón una estadística”. Y en cierto modo, así es.
    Estoy convencida de que nuestros muertos-río – si es que en realidad pueden vernos – serán felices si nos sienten felices a nosotros porque somos los que prolongamos su cadena.
    El induismo cree en la transmigración de las almas. Ojalá nosotros creyéramos también, de esa manera nunca desapareceríamos y seríamos eternos viviendo en diferentes organismos. No sé si estarás de acuerdo, pero sería interesante, ya que al tener tan variopintas formas, también tendríamos muy diferentes pensamientos.
    Y ahora yendo al principio de tu entrada, te deseo que ese momento de especial alegría, transmigre y se transforme en cotidianos regocijos y satisfacciones. La alegría es el principal ingrediente en la receta de la salud.
    Besiños palmeiráns, querido J.R.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>