Muda nova

81t8NLuojUL._UY500_Marina Losada Vicente. Ao chegar ao traballo, como ten por costume, Luísa abre a axenda. A nota faille subir as cores á cara, de forma automática, como quen é collida nunha falta. Na retina a imaxe da tía Marcela reprendéndoa por non lle facer caso. No corpo a sensación de desoír algo íntimo e asumido.

O acordo vai e vén á infancia ao tempo que percorre a sua pel en busca das faltas cometidas. As orellas, ditosas orellas, que xamais estaban de todo limpas. Os xeonllos, esas articulacións que súa tía chegaba a facer sangue coa pedra pómez. Os cóbados, que despois nunha invernía lucían escuros e secos. Lembra como a peiteaba, rematando coa man ensalivada no floco para dar a forma que despois Luísa tiña que desfacer. Ao mesmo tempo, repasa o corpo a tempo real. O que está á vista e tamén, de forma introspectiva, o que ten tapado. Semanas sen facer a depilación nas axilas e nas coxas, na liña do bikini; nas pernas si.

Ri dos bicos que borraba co reverso da man, da oración de antes de deitarse, das cousas que a muller que a coidaba cando a nai traballaba gravara a lume nela. Mais a imaxe que a reprende hoxe é a da muda nova que a tía insistía en ter preparada por se tiña que ir ao médico.

Aquel día falloulle o despertador. Cando viu que hora era, pensou de inmediato na tía mandándoa darlle corda ao reloxo, unha premonición do que estaba por vir. Ducha de tres minutos e saíu da casa sen tomar nin sequera un sorbo de café.

A axenda da empresa recórdalle que en media hora toca a revisión médica anual. Luísa non ten nin idea de que braga leva posta, pode ser aquela que tiña pensado tirar, a que enganchara na lavadora ou mesmo, coas présas, a que non chegou a botar no cesto da roupa sucia.

7 comentarios en “Muda nova

  1. A compra diaria era un auténtico recital de humanidade. O dono da taberna abillando o barril; a dona da tenda moendo café a man, co son de traca. Os cheiros expandíndose desde o mostrador ao teu cerebro. A siña Carme vendendo castañas asadas á entrada do cinema, que che daba un caramelo se ao saír lle contabas a película. A vella de mal carácter que facía entrases de medio lado na tenda. Pel con pel. Instantáneas que formaron na nosa imaxinación o inicio de mil libros por escribir. Sería só nostalxia se a realidade actual, máis cómoda, resultase tamén máis humana. Pero non. A realidade actual resulta perversa para o medio e como consecuencia, para os causantes.

  2. Antes reciclábamos todo, íbamos a buscar el vino y el aceite con nuestras propias botellas y nos daban la compra en cartuchos de papel, las playas solo se ensuciaban con los sargazos cuando el vendaval ¿ o el “nordés” ? los arrastraba hasta la arena y los mismos labradores las limpiaban recogiéndolos para abono de sus tierras.
    Completamente de acuerdo en que, el que menos mancha es más limpio.
    Aquí en Palmeira la plaza donde se vendía el pescado estaba al aire libre, ( la plaza de abastos se hizo hará unos 25 años ) y la gente iba a buscar las fanecas, jureles, maragotas, pintos, u otro pescado cualquiera cuando oían sonar la buguina avisando que las sardinas estaban más frescas que las de Santurce, y ahora viene lo más insólito para la gente de hoy en día : ¡ llevábamos el plato, la fuente, u otro recipiente apropiado en el que portar el pescado para casa!.
    Apenas conocíamos esas sustancias químicas llamadas plástico, y encogemos los hombros con dolorosa indiferencia ante lo que está ocurriendo. Estamos más locos que una vicuña.
    Besiños, querida Marina. Ahora voy a leer “O home libre e diminuto” que todavía no lo he leído.

  3. Moito cambiou a tecnoloxia o tema da limpeza. Relaxámonos. A roupa que sae da lavadora non pasaria o control de nosas maiores. Hai quen prefire tirar unha prenda antes que ter que lavala a man. Así pasámolle ao planeta o problema. Como na comida, cos envases de plástico. Avanzamos emporcando todo ao noso paso. Limpa non é a que lmpa, limpa é a que non mancha repetiria a nosa Terra ao igual que facia miña avoa. Bicos Magdalena

  4. Sí, claro que recuerdo el baño semanal y los tendales con la “potra” en primer plano para que “Lorenzo”con su precisión en la pulcritud pudiera ganarle la partida a la lejía, y teniendo en cuenta que ésta había que comprarla y no quedaba dinero ni para pesarse, le espurreábamos el agua con jabón en la susodicha mancha cuando estaba en el “clareo” y a la media hora ya estaba impoluta.
    A pesar de que en aquellos tiempos por falta de lavadoras, agua corriente en las casas, y cuartos de baño incompletos, éramos cuidadosos y aseados y no nos pasaba como a la mujer de Enrique IV, que perdió el sentido la noche de bodas, pero no de emoción precisamente, sino de choque olfativo agudo.
    Pero bueno, a Dios gracias, en ese aspecto todo ha cambiado favorablemente, hoy en día, rara es la casa que no dispone de dos o más cuartos de baño. Como decía José Luis Coll: “No hay mal que cien años dure, salvo el siglo XX y Cien años de soledad”.
    Besiños, Marina.

  5. Acabo de caer na conta da cantidade de veces que aparece a foto dunha braga nos meus texto no Café Barbantia, e imaxinei que diría a tía de Luísa. Non podo contestarme. En tempos as bragas eran expostas nos tendais da forma máis expresiva posible, coa “potra” en primeiro plano, pois nela era onde se xuntaba toda a suciedade e se precisaba do sol para axudar a comer o que o xabrón non era quen. Nas bragas diarias a “potra” era a que peor estaba, de tanto fregar nela. Claro que naqueles anos só se mudaba a roupa interior o día do baño semanal. Supoño, Magdalena, que tamén compartimos estes recordos. Bicos

  6. Buenos días, querida Marina:
    Solo con situaciones así de interesantes se comprende la vida. ¡ Qué recuerdos !

    Casi estábamos sometidas a disciplinas espartanas. Te repetían la orden como un mantra, si no obedecías y si continuabas sin hacer caso por estar enfrascado en la lectura o en un juego, veías aquellos golpecitos de impaciencia con el pie golpeando el suelo, que marcabas la página rápidamente y salías repartiendo sonrisas.

    Lo de la saliva en el “floco” me hizo mucha gracia, y recuerdo – y las fotografías así lo atestiguan – que en mi flequillo, para el día de la primera comunión me hicieron la permanente. Iba yo de guapa con la “perrera” a lo afroamericano…

    Recuerdo también esos besos ensalivados que alguien me daba por hacerle algún que otro recado y que como tú, limpiaba al salir, con la manga del jersey.
    Los dos o tres camisones sin estrenar que como un precepto había que cumplir teniéndolos para un caso de emergencia ( antes en los hospitales no había “ajuar” los camisones los portaba el enfermo)

    Ese despiste final de Luisa es ya más embarazoso, ahí tendría que tirar del ingenio o correr de nuevo hasta su casa, tanto, como si quisiera aventajar a sus temores. Tal vez así, aún llegase a tiempo.

    Besiños palmeiráns, apreciadísima Marina, como siempre, un retegustazo leerte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>