Unha regata de tolos (I)

8426133797_gFidel Vidal. Veño de compartir unha aventura extraordinaria que tivo lugar no mítico ano de mil novecentos sesenta e oito: a primeira volta ao mundo en barco en solitario sen escalas. Saíron nove homes e regresou só un. (Unha regata de tolos, Peter Nichols, Ed. Juventud, 2ª ed., 2009). Trátase dunha obra recomendada por un amigo, un verdadeiro home de mar, ao que lle dá entrada esta frase de Joseph Conrad: “No mar atoparás de todo: só depende do espírito con que o procures.” Un libro onde aprendes, ademais de xeografía e cartas mariñas ou mesmo a nomenclatura ligada ao mar (botaló de proa, foque, driza, vela maior, trinquete, estai, botavara, escota, amura, enxarcia, sextante, navegación celeste), podes obter coñecementos de psicoloxía humana en situacións límite: fronte á natureza e, o máis importante, fronte a si mesmos.

Unha aventura, a Golden Globe patrocinada polo Sunday Times, que se repetiu o ano 2018 nunha versión conmemorativa. Dos antecedentes de navegacións en solitario, atopamos personaxes como o canadense Joshua Slocum, quen a finais do século XIX deu a volta ao mundo con escalas. O sorprendente –ao parecer algo nada infrecuente- este lobo de mar non sabía nadar. Outro experto mariñeiro, Chichester, en 1966, nunha pequena embarcación navegou polos mares do mundo acadando unha nova marca, cunha única parada en Sidney. Tivo tal resonancia que se converteu nun heroe avivando o interese doutros aventureiros. A raíña Isabel II nomeouno cabaleiro. Segundo os expertos esa travesía en termos de montañismo equivale a escalar en solitario o Everest. Entón o Sunday Times, que se fixera coa exclusiva de Chichester, propuxo a Golden Globe. A aposta comeza en Gran Bretaña con regreso ao lugar de partida.

Estamos diante de heroes solitarios. Quen son? Quen é? Son persoas de aspecto normal, coma nós, ou nós coma eles. Por que o fan? Chichester non sabe contestar: “tiven que realizalo”, foi a resposta. Cada un dos participantes deseñou o seu propio barco pensando na seguridade, na solidez e na mellor gobernabilidade para unha soa persoa sen axuda ningunha. e954947c43aa3c60148967e41fc35fa5_LAnderson acuñou o termo “Factor Ulises” como “un impulso formado por unha explosiva combinación de imaxinación, autodisciplina, egoísmo, resistencia, medo, valor e certa inestabilidade social. O desexo de pórse a proba nunha situación límite e impoñerse ás propias limitacións e ás circunstancias externas” (Nauta360, 2017). Nada que ver co denominado “Síndrome de Ulises”, unha patoloxía causada por estrés crónico e múltiple que se dá sobre todo en emigrantes ou, como pode ser o caso dos nosos navegantes, en persoas sometidas a situacións extremas.

Había que dar a volta ao mundo en solitario sen tocar ningún porto nin axuda externa até o final, sen agardar por ninguén. A regata tomouse de tal xeito que nin tan sequera se valorou como unha competición ao uso. Sen embargo todos querían ser os primeiros en completar a fazaña e gañar un premio de 5000 libras aportadas polo xornal TheSunday Times e o trofeo Golden Globe. Non había inscrición, unicamente verificar a travesía. Comezar en calquera porto das illas británicas e, sempre rumbo a leste, regresar ao mesmo lugar de saída despois de “pasar polos tres cabos: Buena Esperanza (África), Leeuwin (Australia) e o terrible cabo de Hornos (América do Sur)”.

8 comentarios en “Unha regata de tolos (I)

  1. É bo verte no Café, aínda que sexa de cando en vez. Me refiero a Domingo; aunque en el pueblo, se le conoce mejor por Mingucho. Un abrazo querido amigo.

  2. 1- Gracias por la recomendación, querido Fidel. Desconocía el título de esa novela de Antón. Tan pronto acabe lo que tengo entre manos, miraré por ella. No tengo la menor duda de que será muy buena, conozco muy bien la extraordinaria literatura de Riveiro Coello.
    2- No tienes por qué pedir disculpas por lo que tú llamas “nefasto remate”. Ya me gustaría a mí. Tú, más que escribir, cuentas.
    3- Me ha encantado ver por aquí a Mingucho ( para mí, siempre será Mingucho ) ya lo echaba de menos.
    Y con EntUsIAsmO, besiños palmeiráns para todos.

  3. Apreciado Fidel: No sé absolutamente nada de barcos y menos aún de veleros, no obstante, me resultó una aventura fascinante. Tanto, que hubo momentos en que a medida la iba leyendo…; me vi “izando velas” sin ser precisamente una experta, y menos Isabel Barreto.
    Debo decir que por nada quisiera ser esta “osada” navegante, por mucho título de almirantazgo que tuviese; por el carácter déspota y dominante que le atribuían
    También evoqué con fuerza y profunda emoción, la “Canción del Pirata” que en tantas ocasiones, mi madre, me recitaba cuando niña.
    Gracias por compartir esa instructiva travesía, con nosotros.
    Mi recuerdo desde este bello rincón marinero.

    1. Polo que vexo estamos roderados de palmeriás, o que resulta sempre un pracer para un ribeiresense (e isto non vai con segundas nin con terceiras). Maiormente tendo de man a Mingucho -outro de Palmeira- que devería prodigarse máis neste Café.
      Esta primeira entrega sobre a “Regata” contará con outras tres, coa idea de comentar algunhas anécdotas, coido que significativas, que explican certas reaccións humanas ante situacións de perigo e soidade. O meu único desexo é que non vos aburrades coas miñas achegas.
      Un saúdo para Magadalena , Mingucho e Naty, que gozades cada día dese “bello rincón marinero”.

  4. Agás, naturalmente, aqueles que todos sabemos, ninguén está de sobra. E menos os tolos coma ti, meu prezado e querido amigo Domingo (o de Mingucho, que queres?, non me cadra), xa estamos ben necesitados de tolos que pintan “borranchos” e participan en Cafés coma este de Barbantia. Seguimos o rumbo. Saúde e unha forte aperta.

  5. Bos días, benquerido Fidel :
    Me encantaría compartir también la fantástica aventura de esa narración a la que te has sumado. Queda tanto por leer y tan poco tiempo para hacerlo… Mi abuelo paterno fue marino toda su vida, marinero con ancla tatuada incluida en su antebrazo. Recuerdo como me contaba las historias del mar cuando llegaba a casa una vez al año con sus cinco semanas de vacaciones. Me hablaba de la Patagonia, cuando Fernando de Magallanes había divisado desde su barco un brillo en la lejanía de la costa, como un resplandor anaranjado que se veía por todas partes. Era el fuego que prendían los aborígenes, el que cuidaban para que nunca se les apagase . Llamaron al lugar Tierra del Fuego.
    Las historias del mar siempre me fascinaron, crecí con ellas. “Una regata de locos” procuraré encontrarla, seguramente la tendrán en el Lustres Rivas, allí gozamos de una buena librería pública.
    Ahora si me permites, me encantaría recomendar una de Manuel Núñez Singala, “Noite de temporal”. Trata de los terribles acontecimientos de la memorable noche en que naufragó el “Santa Isabel”. Es una novela rigurosamente documentada y maravillosamente narrada por este insigne lingüista de Lugo. A mí, me fascinó.
    SE VAN SUS NAVES pero… cOntInUArÉ.
    Mareas de biquiños, querido Fidel.

    1. Miña moi prezada e atenta Magadalena:
      Penso que non hai familia na nosa bisbarra que non conte cun parente -avó, pai, irmán, fillo, curmán, o que sexa-, ligado ao mar, mariñeiro ou navegante, mais non por espírto aventureiro -como é o caso da regata que comentamos-, senón polo sinxelo e puro afán de vivir, de se gañar a vida, por un salario. Todos escoitamos historias do Gran Sol, de Terranova, do Pérsico, das Américas, e por aí. Mesmo as máis truculentas viñan aliviadas por un ton de certo humor savaldor.
      Xa que falas do naufraxio do “Santa Isabel”, tamén eu vouche recomendar un conto longo, ou unha novela curta?, que relata unha fantástica historia de amor cinguida ao mesmo naufraxio, dun autor sempre recomendable como é o noso entrañable amigo Antón Riveiro: “A canción de Sálvora” , editado por A nosa Terra.
      Saúde e boa marcha no cArgUEIrO. (Pido humildemente perdón por este nefasto remate).

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>