Eucalipcia

imagesFidel Vidal. Galicia mudou de paisaxe. Entrando pola autovía “Camiño de Santiago”, mires onde mires non es quen de dares cun espazo onde, preto ou lonxe, non tropeces cunha plantación de eucaliptos. Estamos a mudar de traxe. A nosa lingua é testemuña do que antes constituía un rico e amable hábitat, no que abondaban diferentes clases de árbores en forma de bosque con denominación específica segundo predominase unha ou outra especie. Velaí a carballeira, o souto (maiormente castiñeiros), o sobreiral, o teixedal ou o faial e, de se xuntaren unha mestura de árbores e matogueiras, estaríamos a describir a fraga, onde non falta un carballo. A nosa flora tamén se compón de albedros, bidueiros, ameneiros, freixos, salgueiros, loureiros, abeleiras. E toxo, queiruga, carqueixa, xesta, piorno, fieito, e un longuísimo etcétera debuxando unha paisaxe polícroma.

Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia (3ª ed., Galaxia, 1954), advertindo que non lle corresponde a ese guieiro, fala dunha “rica vexetación”, onde a humidade do clima decora edificios e árbores coas cores dos liques (albas, grises, ouro). No monte baixo dominan especies atlánticas, “a xesta e o teixo”, mentres o prado e a viña, igual que as uces, prefiren o Sur. “Formas da vexetación meridional, coma o loureiro, atópanse en case toda Galicia e algunhas como a corticeira (sobreiras) e a oliveira son propias dos vales meridionais”. Otero non esquece os cipreses, salgueiros, freixos, faias, oliveiras, laranxeiras, limoeiros, figueiras, cerdeiras, pereiras, maceiras, ameixeiras. E unha riquísima fauna acompañándoas.

Por boca de Rosalía de Castro: Xigantescos olmos, mirtos/ que brancas frores ostentan/…/ Buxos que xa contan sigros/ que xuntos verdeguean/…/ Loureiros, irmáns dos buxos/ …/ Limoeiros e laranxos/ que o verde musgo sombrean/…/ Eternos bosques en donde/ sombrío misterio reina,/ onde só os paxaros cruzan. Ou Uxío Novoneyra “Na devesa da Rogueira” rodeada de teixos, carballos, bidueiros e freixos, cerdeiras, chopos e nogueiras: Chían convosco os estorniños nas fragas// uces, carqueixas, piornos/ castiñeiros e rebolos/ faias, xardóns, bidueiros/ curuxas nas abeleiras/ e un falcón crepuscular/ colgando da lúa chea.

Eucaliptos-DestacadaO mesmo García Lorca, con catro viaxes efectuadas á nosa terra, sentía admiración por Galicia. Segundo Blanco Amor, o poeta andaluz “entrou en Galicia pola porta grande da paisaxe. Sentiuse poeta da alta herba e da choiva”. A “alta herba” trocouse nun inmenso eucaliptal. Disque é por cartos. Pois se por catros é, pensade na extensa e formidable praza do Obradoiro: mágoa de solar! É un pesadelo da que axiña acordarei ou o pesadelo é a mesma realidade?

Todos os expertos denuncian, á par do deterioro que supón a “praga de eucaliptos” (como tal actúan), canto “empobrecen as cadeas tróficas” e “alteran as propiedades físico-químicas e bioquímicas e microbiolóxicas do chan”, destrúen a variedade arbórea e da flora en xeral, e mesmo a paisaxe. Isto dá lugar a unha perigosa diminución da fauna, desaparecendo cantidade significativa de aves e doutros seres vivos, moitos deles en perigo de extinción. A esperanza vén da man de grupos humanos coma o colectivo A Rente do Chan, promotores da “Deseucaliptización”, que no mes de xuño pasado vai pola II edición impulsadas por Cousa de Raíces con case 400 persoas en acción. Doutro xeito, de non pór freo, iremos por mal camiño: de Galicia a Eucalipcia, un país especialmente apropiado para koalas.

5 comentarios en “Eucalipcia

  1. Cuando veo respuestas tan notables como la de Javier, me llamo a mi misma insolente por atreverme a tomar el Café en tertulia, en lugar de saborearlo como simple espectadora.
    Magnífico Javier.

  2. Querido Fidel,

    Excelente entrada en la que planteas algo que es, a la vez, local y planetario.
    La biodiversidad está en declive. El mundo se hace monótono.
    Galicia es una tierra mágica y no sólo por sus leyendas tradicionales, como las recogidas por Carré Alvarellos, y que habría que recordar a los niños y jóvenes de vez en cuando. También por esa variedad cromática que de modo tan hermoso describes y que se sustenta (o se sustentaba) en la diversidad de especies vegetales y de simbiontes tan preciosos como los líquenes. Una variedad que se acompaña de un vocabulario rico, como el que muestras, en donde cada palabra remite a lo singular, aludiendo, en armonía con todas las demás, a una heterogeneidad que es en sí, intrínsecamente, señal de la riqueza real, la que nos enmarca a nosotros mismos en el flujo de la vida abundante.
    La visión a corto plazo de una pobre riqueza maderera nos hará realmente pobres en lo más esencial, en lo que la Naturaleza nos ha regalado tras muchísimos años de evolución solitaria.
    Galicia es verde, de momento, pero de un verde que se hace tan monótono que acabara siendo gris en el peor sentido si no lo remediamos.
    Tal vez lleguemos a ver koalas en el mismísimo Obradoiro, y les hagamos fotos con tecnología 6.0. Y entonces quizá nos demos cuenta de las consecuencias de la estupidez.
    Un abrazo,
    Javier

    1. Moitas grazas, amigo Javier, polas túas sempre estimulantes palabras. Desexamos de todo corazón que os koalas non necesiten acudir á praza do Obradoiro para un xantar. E que continuemos gozando deste marabilloso país que nos tocou en sorte vivir. Saúde e unha forte aperta ateigada de cores.

  3. Buenos días, querido Fidel:
    Precisamente ayer, yendo por la vía rápida hacia Caldas, J.M y yo, charlábamos de lo anti estético que resultan los eucaliptos para el hermoso paisaje de nuestra tierra.
    Él, como conocedor de la madera, me contaba que para más “inri”, además de apropiarse de nuestro bello entorno, y a pesar de ser tan alto y recto, para trabajarlo resultaba muy “retorcido”. Me hizo gracia la respuesta y pregunté por qué. Me contestó que para hacer muebles o ventanas el eucalipto tenía que ser muy seleccionado, porque de lo contrario se retorcía como una columna salomónica, por eso se empleaba más para pisos de habitaciones y también para vigas.

    Cuando deshicimos el camino que nos había llevado a la tierra de los caldenses, volví a sacar nuevamente el tema del árbol oriundo de Australia al recordar aquella docena de eucaliptos que tenemos en Insuela ( Palmeira ). Cuentan las hemerotecas que los trajo un marino palmeirán de la tierra de los canguros. Tú, Fidel, seguro que sabes a que eucalipus me refiero. Son centenarios, y entre tú y yo, no logramos abarcarlos a cada uno de ellos en un abrazo.
    Yo le comenté que cuando doy mis diarias caminatas por donde hay estos árboles, mis pulmones también agradecen ese característico olor balsámico que desprenden. Todo tiene sus pros y sus contras, pero comprendo que sus contras son más numerosas que sus pros.

    Y entre eucaliptos y otras veleidades, ( ¡ qué bonito ! veleidades, ja,ja,ja ) pisando el acelerador moderadamente, dejamos atrás esos cuarenta kilómetros hasta llegar a donde nos esperaban, Pipa, Odín y Niva meneando su cola y pidiendo más pienso para comer.

    Besiños palmeiráns, queridísimo Fidel.

    A veces también hay que AMAR A LA RAMA del EUcAlIptO.

    1. Ten razón o “teu” experto en madeiras. A do eucalipio é ben retorcida polos carpinteiros. De cativos, no inverno, as casas con enfermos de catarros ulían a bafos de eucalipto, mesmo nos cuartos puñan ao paciente debaixo dunha toalla a aspiraren da ola os devanditos vapores dun cocido de follas de eucalipto. Poderíamos exportar ao mundo enteiro remedios anticatarreiros. Negocio redondo.
      Bicos e apertas, miña sempre atenta Magdalena.
      ArgUEIrO. NEGO O GEN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>