Kate Tempest e Cate Le Bon soben a temperatura sonora

descargaGonzalo Trasbach. Nos días previos ao verán, chegaron ás nosas mans dous discos que, sen ningunha dúbida, van subir a temperatura sonora desta tempada estival. Os álbums veñen por parte de dúas contrastadas artistas británicas: Kate Tempest e Cate Le Bon. A de Londres acaba de publicar The Book Of Traps And Lessons (o libro das trampas e as leccións), o terceiro da súa meteórica carreira, mentres que a de Gales vén de editar Reward (Mexican Summer), o sétimo da súa ampla e variada traxectoria artística.

Con só 35 anos ás súas costas, Kate Tempest xa meteu no seu fardelo un bo lote de premios: é membro da prestixiosa Real Academia de Literatura; finalista do Mercury Prize ao mellor álbum do ano polo seu debut “Everybody Down”, e gañadora do Premio Ted Hughes (marido da Sylvia Platt) á innovación en poesía. Así pois, a rapeira londiniense atesoura un legado artístico que a converte nunha das imprescindibles non xa da súa xeración, senón das últimas décadas, e ese status de artista única, faise máis evidente aínda coa publicación do seu novo traballo sónico: “The Book Of Traps And Lessons”.

Despois de cribarnos co volcánico e marabilloso “Let Them Eat Chaos”, Miss Tempest sérvenos en fina bandexa de prata a súa obra máis densa e complexa. Non imos pois falar dun disco fácil de asimilar. Entre o difícil equilibrio entre música e literatura, no que tan ben se desenvolve nos dous discos anteriores, nesta ocasión a británica decántase polas pasaxes literarias, anque hai momentos nos que os ritmos downtempo de electrónica dotan o álbum dunha ambientación hihopeira na que, non obstante, a súa voz, o seu potente e modulado fraseo, continúa sendo o principal protagonista, arroupada por austeros e preciosistas arranxos de cordas e pianos, de sabor clásico e mesmo jazzísticos.

unnamed (2)_5Tempest rebenta as costuras das distintas paraxes sónicas para ofrecernos un traballo onde reina a palabra. O irresistible fraseo da inglesa, a medio camiño entre o rap e o spoken word, convértese neste disco nun monólogo que nos mergulla en cincuenta minutos dunha intensidade emocional complicada de resistir sen saír conmocionado do transo. Como fondo?: arpexos, violíns, música de feira ou festa con sabor anello, escuridade electrónica, reberetes de piano, e instantes dun silencio paralizante…

“The Book Of Traps And Lessons” é unha disección dos impulsos, motivacións, medos, desexos, esperanzas e inseguridades que compoñen o pano do cotiá, de todo aquilo que nos afecta. A británica mergúllase entre as costuras dun mundo cada vez máis maquinal. Observa a través dun ollo retrovisor o lado escuro da sociedade de consumo, a atomización e alineación do individuo contemporáneo, nun planeta infectado polo virus da desigualdade, da pobreza e o egoísmo. Miss Tempest escribe desde a esgazadura en que vive quen resiste, que se nega a caer na indiferenza. E é por isto que funde nunha aperta o universal co local, co persoal, nun alegato en defensa da empatía e, como ocorre nas auténticas obras de arte, o que a escoita acaba transmutándose nunha mellor persoa.

CS731232-01B-BIGCate Le Bon (1986) xa nos tiña seducido co universo guitarreiro e caótico de “Crab Day” (2016) e co segundo asalto de experimentación postpunk xunto co norteamericano Tim Presley (Drinks) en “Hippolite” (2018) e por ter producido “Why Hasn’t Everything Already Disapeared” (2018) de Deerhunter. Logo a de Gales optou por apartarse do mundanal ruído e agochouse nas montañas de Lake District, no noroeste de Inglaterra, coa idea de aprender a fabricar mobles artesanais.Durante este proceso de aprendizaxe, a artista, produtora e compositora, foille dando forma na súa cabana cada noite ao piano a “Reward”, álbum dunha cantante fértil á hora de obter un artefacto pegadizo, sen caer na homoxeneización que predomina nas radios e nas listas de spotify. Neste seu quinto traballo individual, talvez o máis intimista da súa carreira, exhibe un harmónico equilibrio entre psicodelia, artrock e softrock.

Ofrécenos a galesa nesta obra, máis solitaria e persoal que as anteriores, dez composicións de ton sedoso, pero poboado de vetas de certa abstracción inquietante, onde os berros e murmurios de Cate atrápannos coma unha brisa, xogando coas guitarras, teclados, marimbas e un rastro aditivo de saxos que se coan entre os regos do CD coma pasos de cebra nunha estrada. a1051581971_10A songwriter, multiinstrumentista e produtora galesa, abrazada á soidade da súa cabana e apelando a unha infinita paciencia e á súa fantasía, abre en canal a súa alma e o seu corazón. Permite que a música e os sentimentos agromen coma chorros dun chafariz que chocan entre eles, para que un pouco despois cada un atope o seu espazo nunha sorte de paraxe estraña e á vez próxima.

Todo aflora baixo un soño sonoro que por momentos se torna nun pesadelo tecido coas súas cordas vocais, sintetizadores, teclados envolventes e ventos surrealistas. Dende a inicial Miami, pasando por Daylight Matters e a moi feliz e amistosa Home To You, ata o minimalismo de You Don’t Love Me ou o remate final Meet The Man, só queda unha saída: volver empezar para nos meter outra vez no misterioso cosmos sónico de Cate Le Bon, ou deixalo definitivamente.

5 comentarios en “Kate Tempest e Cate Le Bon soben a temperatura sonora

  1. “La lampara maravillosa” es la número veintidós de la maravillosa colección que tengo de nuestro don Ramón María, con una no menos estupenda introducción de Alonso Zamora Vicente y Virginia Milner ; como hace tanto tiempo que la he leído, te haré caso y volveré a releerla. Creo que es la única obra que Valle dedicó al quietísmo estético. De todos modos no creo que don ramón pueda transformar mis gustos musicales, de todas maneras, muchas gracias por la sugerencia. Se agradece.
    Cordiales saludos.

    1. Dos cosas. Una, veo que sabes más de lo que dices. Uno ha descubierto esa maravilla hace muy poco y a través de una mujer rumana. Que cousas ten a vida! Dos, nada más lejos de mi intención que la idea de cambiar tus gustos musicales u otros. Y como noto cierta hostilidad, te anuncio que ya no volveré a hablar aquí de los míos. Que todo vaya bien.

      1. Querido Gonzalo, después de rumiar tus ponderadas palabras, capto que tus relaciones hacia mí, no están en muy sólido término. Solo te pido que vuelvas a leer mi primera respuesta y luego tu contestación a ella a ver cual de las dos es más cordial.

        “Una, veo que sabes más de lo que dices” me contestas. Ojalá así fuera, Gonzalo, pero como el filósofo te respondo : solo sé que no sé nada, y lo demuestra muy evidentemente mi precaria ortografía, pero en lo tocante a la lectura, ahí sí, puedo codearme contigo.

        En una ocasión me dijiste que no tenías sentido del humor y es verdad, Gonzalo, siempre le buscas tres pies al gato aunque una, trate de contestarte con todo el cariño. Vuelvo a pedirte que leas los dos primeros comentarios y a ver en cual de los dos hay más hostilidad. Sería una pérdida considerable no poder contar contigo, si te sientan mal mis razonamientos, prescindiré de contestarte, y santas pascuas.

        Querido Gonzalo, que todo vaya bien.

  2. Buenos días Magdalena. Siento que no te guste esta variante del mundo sonoro. A mi me gustaba María Ostiz cuando tenía 13 años. Pero desde ese tiempo hasta hoy, han llovido duro y a cántaros. Mas no pasada nada. A mi nunca me han robado un carro, pero de mozo lo bailaba en las fiestas. Una cosa es cierta: lo que me interesa es saber que dice la gente de las cosas que uno recomienda, sean discos, libros o películas. Aprovecho para recomendarte un libro de uno de nuestros grandes clásicos: “La lámpara maravillosa” de Valle-Inclán. Cordiais saúdos.

  3. Buenos días, querido Gonzalo:

    Ya te notaba en falta en este Café a pesar de que yo pueda contestar a algo lógico referente al contenido de tu entrada; los motivos ya los conoces. Soy profana en la materia. Te prometo que me encantaría sumergirme en ese monólogo de intensidad emocional irresistible, pero no lo consigo. De todos modos, ya sabes que el equilibrio del mundo se apoya en la desigualdad y si a todos nos gustase lo mismo, mal nos iría. Precisamente ayer, me acompañaron en mi solitaria caminata ” Los Sabandeños”. Por cierto, tienen una canción que recomiendo; la letra es de Mario Benedetti y se llama “Te quiero” es un himno precioso.

    Un placer leerte, querido Gonzalo, y mil disculpas por no saber apreciar esa música con la que tú tanto disfrutas y en la que no te has quedado anclado como yo en la música monjil de María Ostiz.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *