Do vermello sentimental

matisse-redstudio1Fidel Vidal. John Christie: “A cor vermella do libro é a da pintura de Matisse Estudio vermello. Nunha entrevista, Matisse describe a vivencia dun efecto perceptivo especial: “Aquel efecto cromático era realmente intenso… Tan intenso que, con certas iluminacións, parecía converterse en algo material (…) E algún día serei quen de o pór sobre un lenzo” (Mándoche este vermello cadmio, Cartas entre John Berger e John Christie, 2000). Velaí un vermello excedendo fondo e figuras para ser só cor, quer dicir, materia sensitiva.

O Estudio vermello (L’Atelier Rouge) de Henri Matisse, óleo sobre lenzo de gran tamaño (181 x 219,1 cm.), atópase no Museo de Arte Moderno de Nova York. Nel faise visible o lado expresivo das cores que se lle “impoñen de maneira puramente instintiva” ao autor. “A elección das miñas cores non responde a ningunha teoría científica: está baseada na observación, no sentimento, na experiencia da miña sensibilidade” (H. Matisse, “Apuntamentos dun pintor, 1908”, en Escritos de arte de vangarda,1900/2009, González García, Calvo Serraller e Marchán Fiz, 2009). De aí que os elementos que figuran no cadro non se impoñan como tales senón como sinxelas manchas de cor. E a totalidade da pintura como un espazo monocromático.

“Igual que na música –di A. Kostenevich (1998)-, unha vez atopada a base da estrutura interior, Matisse podía transferir a principal parte a outro instrumento, outra cor. Cada transformación esixía unha reconsideración total da interrelación das cores do cadro, xa que non se podía cambiar mecanicamente dunha cor a outra”.  Unha lección que nos traslada a Cézanne.conjunto-bebe-nino-rojo-dolce-petit Só con atender os títulos, asistimos ao vermello como a cor gobernante. O estudio vermello, Gran interior vermello ou Harmonía en vermello, son obras nas que o vermello “desborda e ocupa todo o espazo da composición, son tratados sobre a intensidade e a calidade expresiva da cor, case sen lugar a dúbidas a lección fundamental de Henri Matisse e a súa revolución a pos da pintura moderna”.

Segundo Berger, o vermello é a cor da nenez, a cor da inocencia, se ben máis adiante vaise pasar ao campo de Caravaggio, á cor que usa este pintor, como “o meu vermello preferido”. E pregúntase: “Será que o vermello é a cor que sempre está a pedir un corpo?” O sangue fresco escandaliza e vaise condensando nunha costra escura que excede o vermello para ser marrón. É a cor, segundo Berger, “pola que se xura amor eterno. A cor que ten como pai o coitelo”. Talvez o coitelo no papel de causante da ferida como marca da casa: a pegada da memoria emocional e biolóxica.

 

 

2 comentarios en “Do vermello sentimental

  1. Boas tardes, querido Fidel:

    Hace años, cuando aún estábamos medio globo terrestre más allá de nuestro terruño, J.M me regaló en una ocasión una colección de libros de pintores; dicha serie contiene treinta ejemplares, entre ellos está Monet, Van Gogh, Gauguin, El Greco y también uno de mis preferidos como es Vermeer. Hoy por la mañana al leerte, fui a echarle un vistazo pues no recordaba haber visto entre ellos a Matisse, y efectivamente, esa estantería no goza del privilegio de su peso. ¿ Que qué quiero decir con eso ? qué poco puedo contestar, o nada, a tu entrada, pero sí, aprender de lo que escribes.
    Referente a los colores, también opino como Berger: que es el color de la niñez y de la juventud. Con la edad van variando nuestros gustos. Yo siempre tuve muchas prendas rojas, y los colores pastel me encantaban, en cambio ahora, me encantan los oscuros , en especial el negro.

    Y aquí te dejo, querido Fidel, tengo un trabajo pendiente, te cuento : anteayer cuando le escribí a Marina, cometí la grave falta de poner “halago” sin hache. Que peque con un pot pourri de infamias prosódicas y puntos y comas mal encajadas, sé que me lo perdonáis, pero eso… Fiel a la palabra que le había dado a mi abuela cuando cometía un desatino, quiero enmendarlo escribiendo cien veces: Halago es con h, halago es con…
    Ya tengo el folio preparado, allá me voy.

    ANITA PATINA y Magda tiene rEtIcUlAdO el encéfalo ¿ o plano ?

    Besiños palmeiráns. Un gustazo, como siempre.

    1. Matisse, naturalmente, á par de Picasso e da rivalidade-amizade entrambos os dous. Un período da historia da arte moi entretida e significativa. Espiábanse un a outro para ver que estaban a facer, máis Picasso. Lembro que “As señoritas de Aviñón”, pintounas “contra” Matisse, que foi quen o puxera en contacto coa arte africana, coas máscaras.
      Si, miña atenta(dora) Magdalena, para conquistar unha moza nada mellor que facelo A LA GANDOLA, como contaba o humorista Eugenio, un estilo de namorar sen H, A LA GANDOLA, cando debería pór un H e un acento, para aclaralo: HALAGÁNDOLA. Poñamos ou non unha letra non pasa nada, todo máis mudar de estilo, de concepto ou de dirección. Á boa ventura. (H)alagos, A lagoas e B(v)icos, AUrElIO, A SOPA POSA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>