Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI

adeliaRomán Arén. Gustavo Sánchez Galarraga naceu na Habana en 1892 e aos catorce anos publicou o seu primeiro poema e xa non parou ata o ano da súa norte, en 1934, pois publicou trinta e dous poemarios, entre os que destacan La fuente matinal (1915), Lámpara votiva (1917), La barca sonora (1917), Copos de sueño (1918), Excelsior (1919), Camionero de la vida (1920), La copa amarga (1920), Cromos callejeros (1920), Glosas del camino (1920), Música triste (1920), Flores de agua (1921), Senderos de luna (1924), Las espinas del rosal (1927)… Ademais foi dramaturgo (Teatro, 1918-1929, nove tomos), crítico teatral (El arte teatral en Cuba, 1916), autor de aforismos e de zarzuelas musicadas por Lecuona. Viaxou por España nos anos vinte e quizais estivese en Galicia. Poeta de raíz modernista, dedicounos un poema, “A Galicia”, que se publicou en 1922 e do que Alonso seleccionou un fragmento:

Tienes la nostalgia del adiós postrero/que el triste emigrante te dice al marchar,/parado en la popa del buque negrero,/que, camino a América, le roba del mar./Mueres de morriña por los brazos esos/que el surco, en tus campos, ya más non han de abrir,/y lloras pensando que acaso sus huesos/dentro de otra tierra se habrán de pudrir.

O poema é unha descrición da tristeza da emigración, do duro destino dos galegos. Aínda que algo esquecido hoxe, Sánchez Galarraga estivo moi presente nas antoloxías cubanas e españolas, como en Las mejores poesías cubanas (1955), de Alberto Baeza Flores; La poesía lírica en Cuba (1928) de José Carbonell; Cien de las mejores poesías cubanas (1948), de Rafael Esténger; La poesía moderna en Cuba (1926) de Lizaso e Fernández de Castro ou Cincuenta años de poesía cubana (1952) de Cintio Vitier.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI

  1. Precioso fragmento. Emigrar es muy triste y duro, y mucho más cuando dejas atrás a tus seres queridos.
    Meu lar, meu fogar, ¡ cántas onciñas de ouro me vales !

    Un cariñoso saludo, Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>