A triada

LIGAME1Marina Losada Vicente. Hai tempo diso, pero como se fose onte. Unha lesión rara nunha muller, a triada, dixéronme que se lle chamaba de forma coloquial: rotura de menisco e de ligamento cruzado esquerdo, algo bastante común nos futbolistas. Ao darme o diagnóstico, o traumatólogo do ambulatorio de Santiago, o mesmo que non me quería pedir unha resonancia porque non tiña nada, preguntoume se me quería operar. Eu contestei que non, que non quería, se había unha forma menos agresiva de recuperar o xeonllo e a súa vida anterior. Muller, corenta anos… para facer unha vida normal vai valer. Non é cuestión de operar por operar.

—O normal para a perna esquerda é facer o mesmo que a perna dereita, verdade? Entón a recuperación inclúe correr para coller o autobús, subir unha bombona a un cuarto andar sen ascensor, practicar aerobic tres días á semana, botar unha pachangada de baloncesto de cando en vez, bailar con ou sen parella, carrexar unha manchea de expedientes ao arquivo, pórse de xeonllos para desatascar a fotocopiadora ou de crequenas para conectar o cable USB…

-Para, para, muller… nin que foses un home!

4 comentarios en “A triada

  1. Apreciada Marina: Bueno, yo antes de operar, me sometería a toda esa serie de ejercicios salvo “subir unha bombona a un cuarto andar sin ascensor”.- Eso ni loca. Antes de llegar a la bombona lo que quieras. Hasta ahí “son unha muller”. Pero subir unha bombona a un cuarto andar, sen ascensor… Esa é outra canción. Nese momento tería que ser home.
    Esa es la diferencia entre hombre y mujer. Sobre todo, en su fuerza física.
    Ahí sí le aplico tu párrafo de…-Para, para, muller… nin que foses un home!
    Sigue escribiendo tan bonito. Me agrada leerte.
    Aprovecho para desearte unas Felices Fiestas en estas fechas de tanta reunión familiar. Un beso.

    1. Bo día, Naty: Subir unha bombona a un cuarto non ten que facerse dunha soa atacada, aínda que hai mulleres que o fixeron moitas veces. A necesidade vai movendo os límites, como quen move os marcos. Se necesitas facelo, acabas por atopar a forma. Ata que un día o corpo pide pausa, que o fai. E xa non podes, por moita imaxinación que lle poñas. Boas festas.

  2. Máquina. Que eres unha máquina! Entendo que gusta axudar, pero non te olvides de coidarte. Canto mais queiras darte mais terás que procurar a saude propia.
    Bicos, Magdalena

  3. Hola, Marina, son las siete de la tarde y acabo de llegar a casa. Tu entrada ya la leí por la mañana pero no tuve tiempo de ponerte unas letras. El tema que expones me viene muy bien para contarte lo siguiente: ayer por la mañana al levantarme noté un pequeño dolor en los riñones, ( todos los inviernos me visita doña lumbalgia ) y a las pocas horas me llamaron por teléfono para decirme que contaban conmigo para la recogida del maíz, ( estábamos esperando a que el tiempo nos diera tregua ). Para el maíz y la vendimia siempre soy una más en la familia a pesar de que nuestra consanguinidad es inexistente .
    No quise decirle que no me encontraba bien, pues no quería que pensasen que era una disculpa, y después de hacer todos los quehaceres de medio lado, me fui para la aldea de Sampedro. Hoy hemos vuelto a ir nuevamente y todavía tenemos un par de días más hasta acabar la recogida del necesario cereal.
    No sé si es por el cansancio, o si es porque a mis lumbares en lugar de reposo le he dado caña, están un poco más dolientes que ayer. Espero que mañana no tenga que darle la negativa por respuesta.
    Y ahora, después de este pequeño descanso aquí contigo, querida Marina, me voy a hacer la cena.
    ¿ No crees que, si esto se lo cuento a un médico, no me respondería igual ?
    - “para, para, muller… nin que foses un home !”.

    Besiños palmeiráns, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>