A máquina do absurdo

_92502742_thinkstockphotos-481391098Marina Losada Vicente. Se a carta chegase á súa destinataria, o fin lóxico dun envío postal, a receptora non sabería que lle dicía. O formato oficial non ía desarmala, nin a contrariala sequera. Pasaría do texto como pasa da chuvia que abica tras dos cristais. Despois dunhas semanas, recibiría a comunicación de inicio, en trámite de audiencia, dun expediente sancionador por infracción tributaria, ao non ter atendido, en tempo e forma, o requirimento recibido. Dependería do instrutor ou da instrutora a sanción que lle reclamasen, atendendo a que o acto o considerasen leve, grave ou moi grave. Un mes máis tarde, aproximadamente, chegaríalle o acordo de imposición de sanción, incluíndo carta de pago, dado que a contribuínte non presentaría escrito algún de alegacións na súa defensa.

            Pola contra, a carta chega á neta que se atopaba aireando unha casa que leva cinco anos pechada, pero ao contrario da avoa, con demencia senil, Xiana si sabe que aquel requirimento é unha obriga que atender. A Administración ordena á anciá a embargar (léase a non ingresar) o pagamento mensual que fai á residencia da terceira idade que lle dá teito, comida e asistencia médica. Debe coller eses cartos, mes a mes, e transferilos a unha conta de Facenda, como se Manuela, aos seus noventa e tres anos, se levantase brazo executor da lei. “Terás que sacar a comida da túa propia boca”, esa é a orde recibida, dado que a debedora tributaria denominada, poñamos por disimular “Residencia de Maiores da Lúa Chea”, só conta para pagar os provedores, que deixaron hai tempo de fiarlle, coas transferencias bancarias mensuais que saen das contas das persoas dependentes que a ocupan.

            A solución que a recibe no servicio de cita previa da Axencia Tributaria, “a maquinaria legal é a que é”, levan a neta a pasar da carta que asinou como da chuvia que abica tras dos cristais.

4 comentarios en “A máquina do absurdo

  1. Bo día: Eu necesito defenderme. Non para morrer no intento, si para sentir que teño voz. Ganar algunha batalla. As guerras evítoas e, a medida que pasan os anos, parece que tamén elas a min. Toda empresa necesita verse desde fóra. A Administración Pública en maior medida. Bicos, Naty.

  2. Querida Marina: Yo ya he empezado a jurar en hebreo, como bien dice Magdalena, por la que me va a caer encima, este año, con HACIENDA. Pero es lo que hay: bajar la cabeza y decir “AMÉN”. Mi gusto sería hacerlo en español, pero temo que me entiendan, y entonces sea peor el remedio que la enfermedad.- Mejor desisto.
    Un abrazo desde Palmeira.

  3. Bo día: Volveume a pasar. Onte deixei unha resposta neste blog desde o meu móbil e de novo quedou no intento. Diría que a miña cabeza necesita, igual que os meus dedos, un entorno máis amplo, como é o pc de mesa. Atopárame cunha cliente que me preguntou se era certo o relato e díxenlle que si, como case todo o que escribo, aínda que o desdebuxe, que tivera a carta no meu despacho. Falamos do imposto que pagamos sobre o vento, traducido no impacto visual que producen as torres de enerxía eólica, e que sufrimos a diario, e tamén do imposto ao sol. Alégrome de volver a lerte, Magdalena. Bicos

  4. Querida Marina; acabo de llegar de dar mi caminata diaria, y al tiempo de reposar un ratito, doy contestación a tu siempre esperada entrada.

    Se cuenta que Jonathan Swift, el autor de los “Viajes de Gulliver”, llevó a cabo una violenta campaña de protesta contra Inglaterra y a favor de Irlanda, su país. Se quejaba sobre todo de los impuestos que los ingleses imponían a los irlandeses. Un día, la esposa del virrey inglés en Irlanda le alababa el clima del país: – Aquí el aire es una delicia.
    Swift replicó:
    - Callad, señora, por favor. No digáis esto en Inglaterra porque gravarán el aire con un impuesto.

    Por tanto, querida Marina, aquí también tenemos que decir “amén”, aunque por detrás juremos en hebreo.

    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>