Primeira persoa feminina

thumb_600_gal_295_03X. Ricardo Losada. Hai certa tendencia a pensar que os intelectuais son máis feministas porque namoran de mulleres cultas, mentres que o resto dos homes son machistas porque buscan mulleres pouco intelixentes para poder dominalas mellor. É unha estupidez. As mulleres, coma os homes, son máis ou menos domables, non en función da súa intelixencia e cultura, senón do seu temperamento e carácter. É máis. Estou convencido que moitos intelectuais, cando menos historicamente, rodeábanse de mulleres intelixentes e cultas, para obteren unha satisfacción maior facéndoas renunciar por amor ás súas capacidades e gustos. E creo que ao inconsciente desas mulleres habíalles de gustar moito a historia da matrona Arria que conta Plinio. Para animar o marido a suicidarse, cravou unha daga no peito, sacouna e entregoulla dicindo: “En realidade non doe, Paetus”.

     Aínda que me custa recoñecelo, é o que pensei moitas veces da relación de Rafael Dieste con Carmen Muñoz, non porque fose así realmente, senón porque algo nas súas expresións me facía deducilo. Sempre tiven a impresión de que Dieste era un home moi metido no seu mundo, un mundo de grande abstracción, para máis, e, xa que logo, pouco empático, mentres que Carmen, sen dúbida moi namorada, mesmo abducida polo poder poético e filosófico da mente e da fala do home, limitou moito a súa actividade intelectual para darlle ao marido iso que os homes da época agardaban das mulleres, submisión ou, cando menos, dependencia.

     Non creo que fose por machismo (farían o mesmo se fosen homosexuais), pero é evidente que o patriarcado das súas épocas axudou a aqueles homes a conseguir o que querían, tanto por se sentiren xustificados, como por saberen provocar intensos remorsos nas mulleres se non se pregaban aos seus desexos. Como dixo a grande escritora sudafricana Deborah Levy, un dos lastres da muller é a dificultade de expresar a súa dor sen que soe como o que se agarda dela: “As mulleres son as arquitectas do fogar para que outros sexan felices nel”. Por iso recomendaba que escribisen en primeira persoa, a mellor forma de falar por elas mesmas tras moitos séculos aceptando que outros lles dixesen como sentirse e comportarse. É a rabia que dá ler o epistolario de Carmen Muñoz. Escribe en primeira persoa, moi ben, por certo, pero moitas veces parece que sente e se comporta como cre que Dieste quere que sinta e se comporte.

7 comentarios en “Primeira persoa feminina

  1. Non te preocupes, Carmen. Tamén pode ser problema do escritor. Cando escribes temas complexos, en textos tan breves, pode pasar iso.

    Grazas pola consideración

  2. Pido perdón por la interpretación errónea de tu artículo sobre la pareja Dieste- Muñoz. No se puede estar al santo y a la limosna, y estos días, aunque encantadores, no tengo paranza. La desgracia es que me he quedado sin voz. Espero recuperarla, a pesar de mi cuerda vocal parética.
    Un abrazo grande.

  3. Prezada Carmen:

    Non creo que debas cambiar a túa consideración sobre os Dieste. Ao contrario. Eu creo que foi unha parella moi feliz, e que se respectaron e admiraron mutuamente. Pero é evidente que, dadas as circunstancias da época, as relacións de parella baséabanse nun principio patriarcal que condenaba as mulleres a un segundo plano. Iso non converte a Dieste nun machista (a sociedade da época, si), tal e como digo no texto, pois debemos analizar os actos das persoas en función das circunstancias históricas, e non desde un cómodo presente. Por iso lle dicía a Magdalena que a nós tamén nos xulgarán duramente no futuro. O que é evidente é que Carmen Muñoz, e moitas mulleres máis en moitos ámbitos da vida, non puideron desenvolver todas as súas potencialidades.
    Considero a Dieste unha das persoas que máis influíu no meu amor pola filosofía, a literatura, o teatro e a poesía, e unha persoa dunha grande integridade moral. Non quixera dar unha visión inxusta sobre el. Iso si. Perfecto non foi. Pero tampouco Carmen Muñoz.
    Apertas rianxeiras

  4. Querido profesor:
    Me dejas perpleja ante la actitud de Rafael Dieste hacia su esposa. Antes de leer tu libro “Manuel Antonio”, no conocía más que los nombres de los dos escritores. Después de su lectura me entró el gusanillo de la curiosidad y comencé a hurgar en Internet buscando datos sobre Dieste. Sin embargo seguía “in albis” acerca del comportamiento con su mujer Carmen Muñoz hasta ahora que leo tu artículo. Nada de lo que pude indagar antes apuntaba en esa dirección, más bien todo lo contrario: aparecían como la pareja perfecta.
    A mí también me parece que el machismo no radica en la inteligencia, más bien creo que es una cuestión de carácter, potenciado por el ejemplo recibido en el seno familiar. Y creo también que el hombre culto (nos podemos encontrar con el caso inverso) ejerce otro tipo de machismo, más refinado, menos agresivo sólo en apariencia. Hoy, que tanto se ha logrado en la emancipación femenina, no llego a entender que todavía se encuentren mujeres tan sumisas a sus maridos como en épocas pasadas. Sin llegar al extremo de Arria, que más que estar supeditada al marido le profesaba un amor irracional, o a los mitos de Dido y Eneas, Medea, Fedra y tantos otros, estamos asistiendo a través de los medios de información a algunos sucesos inquietantes.
    En el momento actual una gran parte de las mujeres escriben en primera persona. Siempre hay excepciones.
    Felices Reyes.

  5. Por supuesto que lo seremos -criticados- pues acuérdate de aquello que decía Hegel, que a medida que vamos evolucionando, nuestras ideas se van quedando caducas y serán objeto de críticas por parte de la generación siguiente. Así es la vida.

    Muchas gracias a ti, por tus comentarios, para mí es un placer escribir y mucho más grande el leeros.
    Felices Reyes

  6. Prezada Magdalena:

    Non sei se diría “manejable”, pero é evidente que todos somos fillos da nosa época. Nós mesmos seremos criticados con toda seguridade dentro de vinte, trinta ou cincuenta anos por cousas que durante moito tempo consideramos normais. Quen poderá entender, xa que estamos en Reis, que moitos nenos teñan esa abundancia de regalos, por riba mala para eles desde moitos puntos de vista, e outros carezan do esencial? Hoxe chamásmolles demagogos a quen nos alerta sobre esa inxustiza, como hai cincuenta anos llelo chamaban a quen criticaba a inxustiza na que vivía a muller. NO futuro, se os dereitos humanos seguen avanzando no mundo, chamarannos de todo menos guapos.

    De todos xeitos, que teñas uns bos e proporcionados regalos de Reis!!!!!

    Unha aperta moi forte e moi agradecida, e o desexo de que neste novo ano
    sigas facéndome crer que non escribo en Café Barbantia para o vento.

  7. Sinceramente creo que efectivamente, en el temperamento de cada cual, está la forma de su comportamiento, sea para ser sumiso o dócil. Nunca he leído nada sobre el carácter manejable de la mujer de Dieste y me encantaría leer su epistolario. Es preciso saber lo que se quiere; cuando se quiere, hay que tener el valor de decirlo, pero también debemos pensar que en esos tiempos pasados era todo muy diferente a nuestros días. También hay quien opina que carácter firme es el que puede pasar sin éxitos. Carmen Muñoz seguramente prefería los éxitos para Dieste, igual que el malogrado presidente de los EE.UU. Kennedy, el cual un día en París se presentó a los periodistas diciendo:
    -Soy el muchacho que acompaña a Jacqueline Kennedy.
    Aunque después mirase con cariño a Marilyn Monroe cuando le cantaba el Happy Birthday.
    Querido profesor, buenas noches y cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *