Raíces

descargaÓscar Reboiras. Contaba hai uns meses Antón Riveiro Coello nun artigo que os porcos son como da familia. Certo é que os coidamos para despois facer chourizos, pero non sen dor. A miña nai, que os trata día a día, é quen máis o sofre. A xornada da matanza non come e está con desgusto unha tempada. Fala da personalidade de cada un, de como se portan, do que lles gusta comer ou non, ou de se escapan do sol cando toca. E non é a primeira vez que se lembra de tal ou cal porco, que eran moi «boíños».

Como cada un ten a súa forma de ser, non podían pasar sen bautizar. O que temos agora chámase Riza (léase Rixá). Recibe este nome porque, tanto ela como o meu pai, están agora enganchados ás telenovelas turcas. Nunca vin tal obsesión: a fin de semana aparezo pola casa, para saudar, e non saen da tele.

Eles, que adoitan discutir por calquera parvada, encontran aquí un lugar de entendemento: comentan as tramas e chaman o un polo outro cando escenas de tensión. O meu pai, que sempre foi de películas de vaqueiros, na cea está cun ollo no prato e co outro na pantalla. Despois comparten co resto as aventuras e desventuras de Feriha, Sila ou Riza. Este último, polo visto, é o malo. Tan rabudo coma o porco deste ano.

Cómo-cuidar-de-un-cerdo-vietnamita-enanoLembro aínda aquelas tardes nas que a miña avoa, pola tarde, me sentaba no sofá para non perder detalle do culebrón. Crieime xunto a “La dama de rosa” e “Cristal”. Todas producións suramericanas. Anos despois, as rúas enchíanse de rapaces con nomes compostos: Luis Alfredo, Diego Fernando ou Daniel Alejandro. Loxicamente son modas e, como tales, son pasaxeiras. Agora ben, dáme que somos animais de costumes. A miña parella e mais eu agardamos unha nena. Pois ben, na cea de Noiteboa a miña nai propúxonos como nome Unur.

Repasando a lista dos 50 primeiros nomes de neonatos galegos de 2018 figuraban Enzo, Izan, Thiago, Dylan, Ian ou Chloe. Dáme que non imos tardar en ver algún turco. Eu, pola miña parte, estou por preguntarlle a miña nai se Unur vai con ou sen diérese. E tamén por deixarlle caer que os turcos non comen porco.

2 comentarios en “Raíces

  1. Magdalena, está claro que sempre lle imos atopar algo ao nome. En primeiro lugar descartas os da xente que che cae mal. Despois consultas, un diche que este soa mellor que aquel. Hai quen che pide poñer algo único. Outra veces queres algo sinxelo e normal. E escollas o que escollas, nunca acertas 😀

  2. Buenos días Óscar:
    Mi hija Antía, nunca me perdonó el haberle puesto de nombre Antonia. Siempre me lo echa en cara; todas sus amigas llevaban nombres preciosos como, Susana, Silvia, Belén, etc, etc, pero cuando se queja, miro para el calendario del Santo de Padua que siempre me acompaña en la cocina, – este año con la preciosa imagen que hay en la catedral del Barbastro ( Huesca ) – y le guiño un ojo.

    Hace unos días, recibí en el móvil algo muy simpático con relación a los nombres; se veía la imagen del protagonista de “Juego de tronos” con una espada en la mano y decía: “Busco Almax… Enemigo de Ardor, hijo de Elron, nieto de Eldelbar.

    Y con esto, me despido deseándote muy feliz día de Reyes, sin abusar del ron en el bar para no tener que tomar Almax.
    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *