De conversos e perdidas

La_conversion_de_Saint_Paul_Giordano_Nancy_3018Fidel Vidal. A cuestión do converso sempre acendeu a miña curiosidade por saber como unha persoa pode mudar de ideas de forma tan radical. Converxer (dirixirse dúas ou máis liñas a unirse nun punto) ao parecer é un vocábulo creado por Kepler como termo no campo da óptica; deriva do latín, converger, verger, quer dicir, inclinarse, dirixirse. Converso, “aplicábase á persoa convertida ao cristianismo, e particularmente aos que antes eran musulmáns ou xudeus” (María Moliner).

Na actualidade aplicámolo ao que inverte a súa forma de pensar par se transformar nun verdadeiro apóstolo defensor dun pensamento encaixado no contrario do que antes defendía. Esa obcecación comprobámola en políticos que, pertencendo a unha determinada ideoloxía, cambia de chaqueta por outra de signo oposto ou por aquela máis belixerante coa súa previa. Abondan os exemplos, velaí persoeiros públicos con poder nos media afiliados noutrora ao partido comunista e que, talvez por non acadaren a relevancia esperada, transmutáronse en fanáticos combatentes de canto trazo marxista se poña ao seu alcance. Ou ex fumadores que fan espaventos en canto olen o fume dun cigarro agardando por unha lei que levante a veda e aniquilar dunha vez esa praga de viciosos do tabaco.

O paradigma histórico dos conversos é Saulo de Tarso, perseguidor de cristiáns, mesmo con sona de participar na lapidación de santo Estevo, protomártir na lista do santoral católico. Saulo convertido en Pablo, artífice principal do cristianismo asentado nun imposible: na resurrección como “acontecemento”, o “acontecemento-verdade”, que fai de san Pablo o fundador do Universalismo (Alain Badiou). Nietzsche preséntanolo como o verdadeiro instituidor do cristianismo e, ao mesmo tempo, como “gran falsificador”, ao “terxiversar por completo a mensaxe orixinaria de Xesús”. “Todos han de estar sometidos ás autoridades superiores, pero só hai autoridade baixo Deus, e as que hai, por Deus foron establecidas. Por tanto, quen se opón á autoridade, oponse á orde establecida por Deus” (Rom, 13, 1-7) (cit. X. L. Valcárcel, A invención dun Deus. Xesús de Nazaret, t. II, 2019)

Iglesia San Pablo (2)Que hai detrás da conversión? No caso paradigmático de Pablo, unha caída do cabalo con alucinacións auditivas –“Saulo, Saulo, por que me persegues?”-, asociado quizais, non tanto a unha resposta afectiva pola novidade, senón como reacción ao sentimento de culpa polas inxustizas cometidas contra os cristiáns, xunguido á identificación coas vítimas, quer dicir, no que el se converte, en cristián.

A Conversión de san Pablo é un tema, case un xénero, tratado por numerosos artistas, entre eles Durero, Parmigianino, Veronese, Miguel Ángel, Peter Brueghel o Vello, Caravaggio (con dúas versións), Rubens, Pietro de Cortona, Francisco Camilo, Lucas Jordán… Mais parámonos na cidade de Cádiz, na igrexa pegada á casa Las Recogidas, no releve de mármore enriba da entrada que describe o momento da caída do cabalo e da conversión de Pablo camiño de Damasco.Las Regogidas é un padroado nacido no século XVII baixo o título “Conversión de San Pablo”, e tiña como finalidade acoller mulleres descarreiradas e perdidas na que -cumprindo os desexos da xenerosa Dona Jacinta Martínez de Zuloaga, quen doou a casa- esas mulleres, tal como acontecera con san Pablo, tiveran unha conversión que lles mudara de vida a outra de “costumes decentes e cristiáns”.

5 comentarios en “De conversos e perdidas

  1. Sin querer ser pedante, en Pierre Hadot, Ejercicios espirituales y filosofía antigua”, Ed. Siruela. pp. 164 y ss., encuentro un ensayo sobre la “Conversión”, con la siguiente cita que copio literalmente:

    “I. Formas históricas de la conversión.
    La Antigüedad precristiana.
    En la Antigüedad el fenómeno de la conversión aparecía no tan­to en el ámbito de lo religioso como en los órdenes político y filo­sófico.”

    Y es que, según este autor francés, tanto las “conversiones”, como los “ejercicios espirituales” del título del libro, tienen una interesante historia previa al cristianismo. Por ejemplo entre epicúreos y estoicos. “Conversiones” y “ejercicios” dirigidos a aprender a vivir de una forma más acorde con la vida y la naturaleza.

    Un placer leerte Fidel. Y esa vinculación de la manera de pensar con las imágenes del arte.

    Hace poco vi en Madrid una exposición en la Fundación March, sobre la representación de la historia del arte en imágenes (árboles,…). Narrar la historia del arte en imágenes, no conceptualmente. Me pareció muy curioso.

  2. Apreciado Fidel: Al igual que tú, quisiera decirle a Magdalena, que mude de costumbre, y olvide su fidelidad a Chanel, cambiando sus cremitas a Lidl.- Así, con un nuevo ordenador, podremos disfrutar de sus comentarios a vuestros magníficos artículos.
    Por cierto: también la eché de menos al no aparecer por el café.
    Un beso.

  3. Querido Fidel:
    Yo también voy a tener que mudar de costumbre. Tendré que dejar de serle fiel a las cremitas de Chanel e inclinarme por las de Lidl, a ver si así me compro un ordenador en condiciones; este pobre ya no pasa con éxito las revisiones pertinentes. Espero que no me deje a los pies del caballo y pueda terminar este comentario.
    Referente a los políticos que cambian de idea, querido Fidel, tú sabes que ser fiel a sí mismo es una virtud suprema en el hombre. Sin embargo,la política lleva a los que la practican a cambiar esa fidelidad por otra muy diferente.
    No recuerdo a que dignatario francés le preguntó un diplomático inglés si estaba a favor del rey o del futuro protector, y el diplomático le contestó : -Yo soy solamente un fiel servidor de los acontecimientos.

    Hay que RECONOCER que la OcUrrEncIA del diplomático no estaba exenta de diplomácia.
    Castos besiños palmeiráns.

    1. Pois si que andas entretida, miña querida Magdalena, co teu ordenador. Unha mágoa. A verdade é que botámoche en falta a tempada que non apareciches polo Café. Se hai que cambiar de marca pois adiante. Pero nunca de paixón, porque é imposible.

      SAETAS ATEAS no PauLeiRo.
      Saúde e orde no ordenador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *