Un poeta esquecido

BE31P1F1_22555Pastor Rodríguez. Non naceu no Barbanza Eduardo Núñez Sarmiento, senón en Ribasar, parroquia do concello de Rois, o 20 de marzo de 1865, mais estivo moi vencellado a Noia, onde residiu varios anos e onde naceu o seu fillo, o poeta D’Arxellas, en 1888. Mestre de escola, foi xornalista dende posicións rexionalistas e republicanas, que o levarán a un breve exilio en Portugal.

Colaborador de xornais galegos e cubanos, os estudosos, poucos, da figura deste autor soen caracterizar a súa obra en galego de escasa e epigonal, citando a obra Aturuxos (1891), da que saíron catro pregos, e o poema Lembranzas, editado en Cuba en 1900, que é o mellor da súa produción. Á illa de Cuba chegou en 1894 e alí participou como oficial español na guerra colonial. Cultivou o xornalismo, cheala gando a dirixir a derradeira etapa da revista El Eco de Galicia, ademais de editar tres folletos poéticos: En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898).

En 1905, enfermo, voltou de Cuba e faleceu no seu lugar natal, o 21 de decembro de 1906.

A súa obra en galego non é tan escasa como se cre. Mentres residiu en Noia colaborou no xornal O Tío Marcos d’a Portela con máis de vinte poemas e unha prosa, entre 1886 e 1889.

Empregou moitos anagramas e pseudónimos como: E. Nusar, T. Semirano ou Calderilla, pero o máis curioso foi o de Blanca Azucena de la China, co que publicou a obra Romancero de Pontevedra en 1893. Foi autor tamén de Romancero de Lugo (1891). Este autor, que foi Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica, é tamén narrador en lingua galega, autor de varios relatos humorísticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>