A memoria das baleas

CF28C12F2_21432Marina Losada Vicente. A reloxo parado, fóra xa do tempo de desconto, Amalia cambiou o testamento. O que tiña claro aos sesenta anos, e que ratificou aos oitenta, producíalle nese intre un gran pesadume, unha angustia maior que saber que non volvería ver a súa única filla, Delia, nin a sentir o agarimo das súas mans. Sen rezos que a anestesiasen, que a invalidasen como persoa, concentrouse en acadar a paz que non tiña. Segura do que facía, nomeou herdeira universal unha asociación en defensa das baleas.

Delia, que deixara o seu fogar para coidar a nai, soubo da nova na notaría. Relegada por lei á lexítima, viu con sorpresa como os cartos primeiro, e a venda da casa despois, enchían a conta dos cetáceos. Superada a decepción, pensa no seu propio testamento. Podo incluír nel unha cláusula de non revisión? A lei di que non, a manda debe ser aberta, pero iso é o que quero?

Ter que padecer as soberbias da xuventude lévana a desconfiar de quen vai ser na senectude. Non é agora, na madurez, cando se acada o equilibrio psicolóxico e se afirma a propia identidade? Non é o meu ser verdadeiro este no que me atopo? Debe a lei deixar sen ferramentas a muller que son hoxe?

Buscando entender, abre un caderno con contos escritos por súa nai na pubertade, nos que asinaba como Amalia Melville, apelido do autor de Moby Dick, unha anécdota descoñecida para ela. Na última páxina, unha lista de promesas, na que a nai imaxinaba que o mundo é algo que se pode mellorar.

Delia buscouse dentro de si mesma, sen saber onde quedara a alegría que a vestía o día que depositara unha moeda de cinco pesetas na man dunha pobre. Non puidera mercar a entrada para ver Moby Dick, mais a mirada da muller valera e pena. Anos máis tarde, viu a película co fillo, que no seu aniversario pediu un barco para salvar «peixes». Preguntouse por que non repetira o xesto e tamén en que momento decidiu vivir para ter e non para ser? Que a fixo deixar a súa vida para o final, en lugar de vivila polo camiño?

Como a súa nai deixara dito que non quería flores, colleu os cartos e ingresounos na conta das baleas.

4 comentarios en “A memoria das baleas

  1. Bo día: as baleas son simplemente unha imaxe das moitas que podemos acumular na vida. Por algo son os mamíferos máis grandes. Na barriga collemos todas as demais especies. Hai mil exemplos posibles. Se a descendencia ten asegurados os mínimos vitais e no caso de Delia superados, penso que pensar no planeta, nas outras especies e sobre todo nas persoas con extrema necesidade que nos rodean é unha boa maneira de despedirnos. Alégrome da atencion que recibes os teus paxariños, Carmen. Bicos

  2. Querida Marina: Por experiencia puedo asegurarte que a lo largo de los años va variando la percepción sobre lo que en realidad vale la pena.
    Creo que desde siempre traté de anteponer el ser al tener y, como Delia, cada vez que realizaba una buena acción dando algo de mí, se me ensanchaba el alma; pero cuanto más te acercas a la recta final es como si vieses las cosas desde otra perspectiva y das todavía más prioridad a las pequeñas cosas que son las que importan.
    De todos modos no creo que a última hora se me vaya a ocurrir hacer el testamento a favor de los cetáceos a no ser por considerarlos en vías de extinción: con darles el desayuno cada mañana a los pájaros me considero cumplida. Y no creas que se lo doy de cualquier modo. ¡Que va! Por tratarse de pájaros pequeñitos -a veces se cuela alguna que otra paloma larpeira- reduzco los trozos de lo que sea la mínima expresión y con mis manos artríticas resulta un pequeño sacrificio.
    A ver si con el encierro intentamos potenciamos un poco más el ser.
    Unha fortísima aperta dende Madrid.

  3. Boa tarde: Non me parece posible entender que eres dona da vida que falta por vivir. Tampouco o eres da vida pasada, en grande parte porque xa non podes esperar de ti as mesmas respostas. Así como aceptas o que foste, debes aceptar que ata o último momento serás quen de cambiar de rumbo. Se ao final fas contas e decides apostar por unha causa que consideras xusta, apláudete a ti mesma. Bicos, Magdalena. A coidarse!

  4. Delia pregúntase, se non é na madurez cando un se afirma na sua propia identidade. Non fai moito, lin algo sobre Thomas Mann e dicia que el, desexaba chegar a vello porque sempre había pensado que só un, é grande e perfecto e ten a capacidade de realizar creativamente todalas fases da vida cando se chega á vellez.
    Moitos pensarán ao ler a tua entrada que foi unha pena que a filla de Amalia non pudese evitar a lapidación desa herdanza, pero se ela o decideu así… Que se quede con eso de que, e mellor vivir para ser, que vivir para ter.
    Binita entrada, Marina. Moitos biquiños palmeiráns, e saúde, moita saúde .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *