Choiva sobre a lousa cruel dos homes

aquetaciÛn 1Javier Turnes. Aristóteles afirmaba que a alma é, dalgún xeito, todas as cousas. Sobre todas elas -o día, a terra, o heroísmo, a finitude, o deserto, a beleza, Deus- deslízase o libro de Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) para apelar a esta potencia da alma, do ‘fondo sombrío’ que habita en cada un de nós -como a el lle gusta dicir-. Un arsenal e unha chamada, unha teoloxía liberadora que afirma con violencia, pero sen resentimento, que non hai nada que temer, excepto o antropomorfismo e a súa letalidade. Ou, o que é o mesmo, quedar quietos e poñerse a salvo. A alma humana é todas as cousas, tamén a morte, o indeterminado, a vulnerabilidade e a incerteza ordinaria: alí onde está o perigo, habita tamén a salvación. No entanto, recuperar isto, destruír a costra que cobre todo isto, converter a propia vivencia en autoridade, máis aló da experiencia precociñada que nos atravesa día a día; é unha tarefa que require (e requirirá) de todo o candor e toda a coraxe que este libro revela, confesa.

Choiva oblicua é unha arma para recuperar a sensibilidade: esa fortaleza antiga que se presenta irremediable para lidar con toda a vastidade problemática do presente e o seu afora disimulado.

Choiva de visións e palabras que se abrazan e viran ao redor dunha soa obsesión: pensar a potencia de subversión que esconde o día, resistir, non adaptarse: ser fieis á intemperie núa da orixe.

O libro propón unha conversión a través dunha confidencia constante: a de que é preciso destruír todas as oposicións típicas que nos fan a vida máis fácil, o illamento máis cálido, o encontro máis borroso, confundindo a comunicación coa vida. Cómpre descubrir a barbarie en nós, as intuicións non recoñecidas, as vivencias convincentes e limpalas dunha capa doente de información que esquece a sabedoría do atrasado.

maxresdefaultA alma dos homes é todas as cousas: tamén as súas derrotas, a súa vulgaridade dourada, o seu afán equívoco de recoñecemento, a súa infancia, o seu silencio: Choiva oblicua sinala o arsenal oculto que todos portamos e desprezamos para converter a súa desvantaxe e a súa miseria nun viñedo. Revisemos a nosa escala de intensidades e sacudidas, démoslle forma de pensamento, enfrontemos o caos co caos que levamos dentro. Vivir afora e adentro.

A experiencia do presente zozobra porque todo se esconde detrás da súa propia aparencia, protexémonos coa ilusión da información, ex-formación, diría, quizá tamén coa ilusión da verdade, pero non paramos de protexernos ante o gran enigma. Non soportamos o baleiro, nin o segredo, nin a aparencia pura.

Quizá tiña razón Santiago Lopez Petit cando afirmaba que unha sociedade que fabrica bolsas de lixo perfumadas, só merece ser destruída; pero aínda que realicemos ese desexable exercicio de destrución, quedará sempre pendente a tarefa de facerte quen es.

Ás múltiples visións ás que nos leva un título como Choiva oblicua, o clinamen de Lucrecio, o “chove para que eu soñe” de Novoneyra, as bágoas na choiva do replicante Roy en Blade Runner, son apropiadas.VffGUsrT_400x400 Aínda asi, penso que quizá o máis propicio é pensar o libro como un clima, coa súa variabilidade, cos seus momentos de luz, de sombra, de día e de noite: un clima poboado de pluralidade, ambigüidade e contradición que non son unha carencia, como o pensamento oficial nos intenta dicir. Senón, moi pola contra, o tempo e o lugar para seguir pensando por nós mesmos.

Chove en oblicuo sobre a lousa cruel dos homes, sobre a escravitude do presente.

Abrir este libro é como abrir o enigma do día, un chamamento á poesía de calquera como ciencia paradoxal do ser único que somos. Un libro sobre a experiencia e a detención: endiañado, estriado: sen pistas pero cheo de signos que como pingas de choiva conectan o cume e o ocaso que somos: a derrota e a luz.

Fronte ao trastorno de déficit de atención xeneralizado, fronte á soidade común, sentir é o máis difícil: fagámolo. Máis, se cabe, nestes días que se erguen paradigmáticos dunha desorde xeral, latente, terciaria e común.

2 comentarios en “Choiva sobre a lousa cruel dos homes

  1. Buenos días, y bienvenido al Café, Javier:
    Veo por tu entrada que Ignacio ya tiene un nuevo libro, por cierto, con un hermoso título.
    Estuve en Santiago cuando presentó “Ética del desorden” y me dejó admirada su dialéctica. Fue una presentación atípica; los tres que le acompañaban para hablarnos de la descripción de su libro, le atacaban sabiendo que él en la defensa de su causa sería el vencedor en aquella pugna. Y así fue; no sé si aquel combate estaba”amañado” o si realmente fue espontáneo; de ser así, sus amigo-adversarios y él mismo, desempeñaron un papel tan genial en su orden, como genial es su Ética del desorden.
    Me encantaría saber la fecha de presentación y lugar. Me imagino que su presentación será cuando se solucione este mal que nos atenaza en el encierro y nos devuelva la confianza de poder estar con los amigos.
    Saludos desde Palmeira.

    1. Buenos días, querida Magdalena.
      Cómo me alegra de que te acuerdes de esa presentación. En efecto, la cosa -como en las improvisaciones jazzísticas- tenía una armonía más o menos prevista, pero lo sucedido fue fruto de la fortuna, de los conceptos y de los afectos que nos unen.

      Sin duda, la presentación de Lluvia Oblicua también será diferente. Estaba prevista para mediados de abril en Santiago, pero supongo que la cosa cambiará de fecha.

      Iremos informando.
      Muchas gracias por tu comentario y mis mejores deseos de salud, cariño e imaginación para estos strange days.
      Saludos desde Santiago.
      PS.- Estaría encantado de pasear por Coroso en un día soleado como el de hoy.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>