Os libros de David Bowie

el-club-de-lectura-de-david-bowieGonzalo Trasbach. A publicación do libro El club de lectura de D.B., pouco tempo antes deste noso confinamento, recordounos que o pasado dez de xaneiro fixo catro anos da morte de David Bowie (1947-2016). Dado que o impacto do seu finamento foi tan tremendo, tan inesperado, talvez nos pareza que a desaparición do intérprete e compositor inglés ocorreu hai moito menos tempo. Nado coma David Robert Jones, o artista veu ao mundo un oito de xaneiro de 1947 no barrio londiniense de Brixton e abandonouno definitivamente dous días despois de ter acadado a idade de 69 anos.

Bautizado artisticamente como Bowie, o inglés ten sido todo un personaxe durante a súa traxectoria vital. De feito, a súa carreira sustentouse sobre a veta da continua invención de personaxes conceptuais, cos cales achegou lustre e glamur á década dos 70, unha época na que, segundo dicían os seus máis ferventes admiradores, encabezou a vangarda de todas as modas posibles, etapa na que ademais marcou o ritmo preciso do pop contemporáneo coma ninguén antes o tiña feito, con tan cegadora intensidade.

Coma dentro da mellor literatura fantástica, el encarnou un personaxe dentro doutro e dentro doutro… Era o astronauta Major Tom, a estrela do rock convertida no mensaxeiro extraterrestre Ziggy Stardust, o pirata posapocalíptico de Aladdin Sane, o elegante dandi de Young Americans, o frío e sinistro Duque Branco, o pierrot de Ashes To Ashes…Durante a súa longa carreira mantívose fiel ao seu soño: un escaparate sobrado de imaxinación  que aplicou á propia vida cunha dedicación radical e provocadora, transformándose dese xeito nun símbolo sexual, nunha icona da moda, nun precursor dos videoclips… De feito, foi mediante este arsenal de recursos co que se transportou de ser un ídolo de culto até ser unha estrela de masas.

bowie_113Cando por problemas de saúde no 2004 decidiu afastarse dos escenarios, Bowie alumeou outro personaxe: o desaparecido (nada se soubo del durante unha longa tempada). Dez anos máis tarde reapareceu con de The Next Day, sen sequera anuncialo, nin conceder unha entrevista, recubrindo así aínda de máis misterio a súa figura. Mantivo vivo ese misterio até a súa derradeira performance coa publicación de Estrela negra (só debuxada na carátula, Black Star), álbum que saíu á luz o oito de xaneiro do 2016, dous días antes da súa morte. Un pouco antes tiña feito a súa última pirueta, ao lanzar o vídeo Lazarus, vinte e catro horas antes do seu cumpre e da aparición de Black Star, disco onde a beleza e o temor da morte bailan abrazados. E fixo isto recorrendo a unha figura bíblica que simboliza a morte e a resurrección: Lázaro, outro personaxe que encarnou para perpetuarse no noso recordo.

No ano 2013, coincidindo coa primeira escala da exposición David Bowie Is en Toronto (Canadá), logo da súa estrea en Londres, e que tamén recalou en Barcelona no 2017, Bowie compartiu cos seu seguidores e admiradores a lista dos cen libros máis importantes e que máis lle influíron na vida. 1401x788-david-bowie-e28098blackstare28099-01Foi a raíz disto cando Martí Cervera de Blackie Books ideou o volume El club de lectura de D.B., e propúxolle ao xornalista británico John O´Connell (Time Out, The Face, The Times, The Guardian) que escribira a obra.

Foi aí onde xurdiu a oportunidade de dar conta do rastrexo literario das cancións do artista: moitas das súas composicións estaban baseadas en letras filosóficas e referencias literarias. Hai poucos textos autocompracentes e moitas imaxes oníricas. Este volume permite coñecer con detalle o mundo que ilustrou a un Bowie-esponxa: viaxaba cos seus libros máis apreciados cando saía de xira. Era frecuente atopalo nos aeroportos ou nas cafetarías cun tomo entre as mans. Se No camiño de Jack Kerouac foi o seu libro iniciático, neste El Club de D.B. pódense atopar os noventa e nove restantes.

6 comentarios en “Os libros de David Bowie

  1. Parabéns, Gonzalo.
    Grazas por este artigo que nos axuda a entender máis esta figura do noso tempo.
    Agora, boto de menos coñecer eses cen libros. Os cen libros dun mito lector.

    1. Bo día, Pilar. É unha alegría saber que o artigo che reportase unha pequena información sobre un artista tan afamado coma D.B. Bicos e saúde. “Una anciana llora, /solo la luna acude,/ su única amiga” (Basho).

  2. Cuando leo artículos como el tuyo, querido Gonzalo, me doy cuenta de los pocos alcances de mi cultura musical. Conocía algo de David Bowie a través de mis hijos y hasta debo de conservar algún longplay suyo (al menos recuerdo comparar su “May Way” con el de Frank Sinatra); pero sabía muy poco de su vida a la que esta tarde he pegado un buen repaso. Estoy de acuerdo con él cuando afirma que sin literatura no se puede entender la música. Y, mira por donde, eso es a lo que estoy dedicando parte de mi encierro: escuchar música y enterarme de las circunstancias en las que su autor la compuso.
    De los libros que recomienda el cantante, leí unos cuantos y hasta conservo varios (El Gatopardo, Madame Bovary, En el castillo de Barba Azul, El cero y el infinito…). Lo que me falta es tiempo para abarcar todo lo que me hubiese gustado. Espero poder hacerlo en futuras reencarnaciones.
    Que disfrutes de bonitos sueños.

    1. Buenos días, querida Carmen. Gracias por tu comentario. Sueños bonitos es difícil tenerlos en estos tiempos…Pero como dice la poeta polaca Wislowa SzymBorska, “no carece de encantos un mundo tan terrible,/ no carece de madrugadas/ que merecen un despertar”. Coidate moito.

  3. Bos días. Moitas gracias polas túas palabras, amiga Magdalena. Tamén desexo para todos vós moita saúde e sorte. Apertas codais.

  4. Xa fai anos, recibimos unha invitación para ir a visitar os altos da catedral de Santiago. Eu descoñecía que se pudese andar polos tellados da mesma e quedei abraiada cando casi puden tocar as costas do apóstolo que tan intocable se ve dende a Praza do Obradoiro, e tamén o precioso panorama que se divisa dende aquela atalaia.
    Ao saír, levóunos a ver a colección dos discos de David Bowie a sua casa. Quedamos fascinados todos, especialmente a miña filla, aínda que xa coñecía ( porque moitos llos había comprado a ela ) a devoción que sentía polo artista dos ollos desiguais.
    Este grande anfitrión tamén finou, e eses discos ahora engrosan a serie dos que a miña filla Antía cubre toda unha parede con eles.
    Cando fale hoxe con ela, direille que non deixe de ler o teu artículo, querido Gonzalo.
    Moitos biquiños dende Palmeira, e saúde, moitiña saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>