Oda a ti, ben prezado -con algo de prosa-

10511430-cerca-de-una-caja-de-jabón-blanco-sobre-fondo-blancoMarina Losada Vicente. Busquei a túa orixe, da que apenas tiña referencias. Supoñía, iso sí, que estarías en mans de mulleres. Non o pesei porque sexamos mellores ou máis estupendas, non. Pensei en nosoutras porque na vida diaria, neste país e nos da contorna, no continente e no resto dos mundos todos, somos as mulleres quen, en maior porcentaxe, te sustentamos. Como todo escrito anterior a hoxe é masculino, teño que quedar coa dúbida, pois a túa historia fala, como non, dos escravos, dos médicos, dos químicos, dos fabricantes…

Na miña infancia, as mulleres eran as operadoras iniciais do teu ser, da túa esencia, as gardadoras da túa fórmula, e tamén as usuarias principais. De facer estatísticas, nos anos sesenta, apostaría por un uso 95% feminino. Ao resto da familia adulta, doulle un raspado 4%, agochándose os máis pequenos -franxa de idade propensa a escapar das túas bondades, tal que foses aceite de rícino-, nun incómodo 1%.

Xa se contaba contigo hai tres mil anos. Leo Mesopotania. Leo fenicios. Viaxo entre celtas (o teu ser contaba, entre outras rarezas, cinza de bidueiro) e leo que Prinio, o historiador Prinio! dáche como invento galo.

A túa ausencia resultou calamitosa nas grandes epidemias, aí a peste negra da Baixa Idade Media. Luis XIV fixo guillotinar  aos teus fabricantes porque lle fixeches mal, pobriño el, amén dos que mandou partir en dúas partes, claro. Guillotina lévame a Francia, as palabras teñen esas cousas, que eu de reis pouco sei, e de aí a Luis Pasteur, que demostrou os teus grandes logros na loita contra a expansión de enfermidades.

No medio do século XX pasamos dun ti artesanal a un ti de laboratorio (tensiactivos sintéticos, altamente contaminantes), mais segues sendo ti. Lendo isto acordeime que despois de que me operasen o xeonllo, para facer as curas, nin betadine nin nada! Ti, querido, ti fuches a recomendación do médico, igual en pastilla que en líquido, inclinándose polo uso tradicional.

E agora, no ano 2020, dentro dunha pandemia mundial de moito perigo, a televisión, a radio, as redes sociais… os mandamases todos e as mandamasas (que oportuna me quedou esta palabra), dinmos que es a mellor ferramenta contra todos os males! Co humilde que resultas!

Grazas, ben querido xabón, xa o dicía a miña avoa: A muller limpa, non é paga.

 

6 comentarios en “Oda a ti, ben prezado -con algo de prosa-

  1. Bo día: Estamos a escribir sobre xabón. Poño “a escribir” en lugar de “a falar”, non só polo feito de facelo cun teclado e non coa boca, senon polas horas e días que dura este café. Quixen escribir “conversa”, pero non é o caso. Cal é pois o nome? Como se chama esto que facemos? As novas tecnoloxías, que o permiten, traen novos comportamentos e polo tanto, novas palabras. Así como o dicionario terá que recoller termos como “desescalada”, tamén terá que por unha palabra “á acción dun pequeno grupo de descoñecidas -ou case- que tratan de temas diversos, unha vez por semana, en formato público, sen porse para elo de acordo, e que se mantén no tempo, ao fío de vivencias comúns”, pois para min esto non se parece en nada a “chatear”, outro termo que tampouco atopo do dicionario. E volvendo ao tema inicial, o xabón, viña sendo o nexo de unión das mulleres do lugar, da rúa, da aldea… baixo o paraugas do lavadoiro comunal. Bicos, Naty.

  2. Loado jabón Lagarto Marina: Al final, por lo que se está viendo, es quien mejor nos defiende ante esta terrible plaga; aunque un tanto “maquillado” por los nuevos formatos, pero al fin y a la postre, el mismo jabón. En esta situación no creo que, ni el bacteriólogo Pasteur, nos sacase de este “atolladero” que difícilmente saldremos de él. Sin embargo, en este momento, el mejor “antídoto” para luchar contra esta terrible pandemia- según los expertos-, es el jabón.- Y el Lagarto y derivados, parecen ser el mejor fármaco, unido a nuestro “sumiso” confinamiento.

    Y para terminar te diré, que cuando mi MADRE me enviaba a la tienda, de niña… El “lagartito”entraba, por méritos propios, en la lista (cesta mejor por lo del animalito) de la compra de los productos imprescindibles de la casa. Y con ello termino porque no es mi deseo pasarme como otras veces.

    Me encanta leerte Marina, porque en estos momentos de incertidumbre, tus narrativas llenas de anécdotas y buen humor, nos levantan el animo. Gracias.

  3. Boa tarde: Grazas polo teu alento, Carmen. E por compartir experiencias que, xunto coas de Magdalena, dan unha bonita carta de cores a este café. Eu tampouco sei como imos a acabar co da pandemia. Sendo de natural positiva, confío en que saiamos máis ou menos a un mañá parecido ao de hoxe. Aínda que ben non estamos desde hai moito tempo, polo que o desexable sería saír a un mañá diferente, máis solidario, máis respectuoso co medio, más humano. Pero son positiva, non son inxenua. Se vencemos a este novo virus, será porque o mundo é moi benévolo connosco. Bicos.

  4. Querida Marina:
    Tus entradas, además de rebosantes de humor, tienen intriga hasta el final y te hacen devanar la sesera queriendo adelantarlo. Como ocurre en las novelas de Aghata Christie tratando de descubrir al asesino.
    Bendito jabón “Lagarto”. En mi juventud lo usábamos como champú y no veas lo brillante que quedaba el pelo. En la actualidad sigo bien aprovisionada y lo utilizo para los lavados a mano de prendas importantes.
    No sé en qué va a acabar esta locura de pandemia, mientras tanto continúa haciéndonos sonreír con tus bonitas historias.
    Un abrazo.

  5. Bo día: Tanto na casa como no traballo teño xabón de Lagarto, Magdalena Foi o que me recomendou o médico para limpar as feridas da operación, pero eu xa o usaba no pouco que lavo á man. De non atopalo, collo xabón Teide, protagonista tamén dos lavadoiros comunais. Polo que contas da moeda, entendo que na vosa casa tamén se aproveitaba a “raspa de xabrón”, que avoa ás veces parecía fregar na roupa coa man. Os tempos actuais piden xabón, e moito sentido. O primeiro parece que si se usa, pero o segundo, o sentido, estou vendo que nin “raspas” quedan en moitas das persoas que atopo na rúa. Bicos, Magdalena.

  6. E tiña moita razón tua avoa.
    Nestes desganados días, querida Marina, o xabón paréceme o mellor protagonista para elexir.
    Eu aínda recordo aquel xabón Lagarto que a medida que iba adelgazando en volumen, aparecía unha moeda. Era unha alégria cando asomaba o canto e polo grosor sabías se era un peso ou era un real.
    O xabón merece ser protagonista oxe e sempre, porque ademáis de alonxar ao virus con diadema, as glándulas pituitarias teñen moito que agradecerlle, porque captar as emanacións agrias da sobaquina, non é prato de bon gusto para ninguén.
    Biquiños, Marina. Un gustazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>