A siña Rodolfa

cuadro-retrato-de-jeanne-hebuterne-con-pamelaDomingo Regueira. Coa a cabeza enchufada nas pranchas, a siña Rodolfa perecía a raíña de In­glaterra coa súa pamela xardín. Leva­ba tres colchóns de espuma, que non se lle vía a cabeza.

Eduardo, que dende a tenda viu pa­sar aquela plataforma, saíu correndo a indagar o que era e, polos zapatos sen cordóns, descubriu que a portadora era a siña Rodolfa.

—Siña Rodolfa, de onde vén con tan­ta carga?

E con voz de bufanda, contesta:

—Do mercadiño, meu fillo. Había un camión que por un, dábache dous de regalo.

—E logo, facíanlle falta? —pregunta Eduardo.

—Home non…, pero…, como eran tan baratos, non quixen perder a ocasión.

—E onde os vai meter?

—De momento, aínda non teño pro­xecto ningún pero, se cadra, pódolle poñer un ás galiñas, outro ao can, e o outro para os ghatos.

—Pois podía esperar a Reis, e botába­llos no prato.

—Eu non che son monárquica.

Siña Rodolfa! Parece que está amo­blando un motel! —interpela unha veciña, sacudindo a al­fombra.

—Non… Vou facer un bordel comanche. Se tes algunha ne­cesidade, podes pasar por alí.

Rodolfa…! —salta unha, va­rrendo a porta—. Seica vai de ligue…!

—Xa vexo que es moi limpa e aseada; pero estou barrenando que, en vez das ghalinas, cans e gatos, vou empregar os col­chóns para que se veñan revolcar al­gunhas lagartas do Cantón.

Con aqueles chascareillos, á siña Ro­dolfa fóiselle quentando a cabeza e per­forou as pranchas de baixa densidade ata quedarlle os colchóns coma a «lei­tughiña» de Velázquez.

Agora, a Rodolfa pedía que lle axu­dasen a librarse do colariño.

Saíron uns homes do bar e intentaron quitarllas por arriba, pero enganchá­banselles nos pendentes. Probaron por abaixo, pero non pasaron da cintura.

Agora parecía unha bailarina do im­presionista Degas.

Con estas lerias, formouse unha re­cua de coches que chegaba á Ponte de San Antón.

A xente abandonou o mercado e, po­las corredoiras, cabalgaban uns nos ou­tros para ver o episodio.

O xentío atuía os calellóns.

Como a caravana atronaba, decidiron chamar os bombeiros para desprazar o acontecemento a un descampado.

Pita a sirena e, co guindastre, izan os colchóns e a bailarina, que sofre un contratempo: a goma melada da bra­ga cedeu de podre, e esta, facendo cír­culos, aterrou nos zapatos, provocan­do unha composición artística que al­guén soubo aproveitar.

Coas mans no alto, os morbosos non facían máis que disparar os móbiles ca­ra á suspendida, que con esforzo en­roscaba as pernas.

Un Duchamp presente aproveita pa­ra facerlle unha foto ao lastrado equi­paxe da aducida. Esta instantánea te­rá gran repercusión nalgunha galería de Manhattan como obra conceptual, que titularán Bagaxe dunha abducida.

O fenómeno foi tan sonado que o Íker, de Cuarto Milenio se acercou á vila para aclarar unhas fotos.

—A ver, señora Rodolfa, esta foto de cando vostede ía abducida polo aire, que representa?

—Pois represéntalle o «pe-cho-do-cuá». Ala!

—Podía traducirmo?

—Pois élle un buxeiro negro dos que falaba o tollidiño Stephen Hawking. Válelle?

—Pois si.

—Pois ala! E, se non o ten claro, hai filó­logos, tradutores, correctores ortográ­ficos e léxicos moi concisos, rigorosos e meticulosos que llo fan todo gratis.

E mentres, ao lonxe, escóitase:

—El colchonero, oiga! El colchonero! Dos por uno!

5 comentarios en “A siña Rodolfa

  1. Moitas grazas por contarme todo eso en privado, noso Mingucho.
    Xa me contarás que son os poldros; as vacas e burros coñézoos, pero non esa rara avis, deben ser da época dos desaparecidos uros, polo menos.
    Non serías ti, se pensaras doutra maneira. Ainda que non comparta case nada do que me contas, polo menos fas que o pase ben e me ría.
    Biquiños desde o Brañal.

  2. Apreciada Magda:
    Direiche en privado, que o primeiro en pasalo ben, son eu.

    Farto de ver e oír as liortas do Congreso, “Sálvame”, os mortos de Simón, i escoitar a outros tantos mercenarios: sanitari@s, presentador@s e tertulian@s maleducad@s; optei por escapar —cando me deixan—, o onírico mundo dos meus amigos neandertais.

    Vacas, poldros e burros, aínda se resisten a escravitude, mentres que nós, sucumbimos a esta tiránica disonancia con unha sumisa convicción:

    Persígnate o sair! Pon a mascarilla! Non lle tusas a cara a ninguén! Sé guiado! Non lle tires pedras os municipais…

    Entón para non condenarme espiritualmente, recorro a falar cos meus nobres persoaxes.

    Pásame coma os que padecen trastornos neuropsiquiátricos que oen voces, músicas celestiais ou ven a estadea.

    Coa pouca marxe de manobra que me deixa esta “suciedade seudo-democrática”, prefiro pasar a dimensión dos que non usan chenel, lavavaghillas nin “rumbas”, que soen ser máis auténticos, ecuánimes, leais e humanos.

    O meu amigo Gianni Segre, falecido no 2010 xa anunciara fai 16 anos o sigente:

    <>

    Eu coido que neste presaxio, quedou curto. A idiotez humana cabalga sobre mozos, vellos e de medio uso.

    Dende o Porto, un bico online querida veciña.

    1. Querida veciña:

      O ler a túa contestación vexo que me quedou atas () o parrafo do meu amigo Ianni Segre, non sei si o rexeitou o programa das “respostas” —o señor Antón saberá—, ou o trasno destas novas tecnoloxías.
      Aí vai.

      <>
      Eu coido que neste presaxio, quedou curto. A idiotez humana cabalga sobre mozos, vellos e de medio uso.

      PD.: Os poldros, son os cabalos pequenos. Os uros xa os paparon daquela os romanos.

      Apertas amiga Magda

      1. Volvoche a mandar o presaxio de Ianni Segre.

        O probema estaba no entrecomillado, que este recadro do comentario no acepta:

        En Occidente, según la Organización Mundial dde la Salud, la (OMS), dos mozos de cada diez sufren trastornos de conduta, y para el año 2020 estarán afectados hasta el 50 por 100 .

  3. Yo creo que no he necesitado traductor para comprender lo que la señora Rodolfa trataba de decirle a Iker. ¡ Ay, noso Mingucho ! eres o demo. Estoy escribiendo y me estoy partiendo de risa. Tú dejas en pañales a Bernard Shaw o a Jardiel Poncela; por lo menos me haces reír tanto como ellos. Tenías que haberte dedicado al teatro, seguro que alcanzabas a Pirandelo.

    Y ahora, como mi cupo de carcajadas ya está cubierto por hoy, me paso al agobio doméstico que aún queda mucho por hacer.

    Biquiños desde o Brañal ata o Porto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>