O verán en Lucenza, de Alberto Fortes

9788491216339Inés Otero. Hai pouco merquei un libro de Ryu Murakami, Azul casi transparente, pensando que se trataba dunha novela de Haruki Murakami. O mesmo me pasou hai uns anos cando comecei a lectura de Atlas de una añoranza imposible, de Anuradha Roy, crendo que estaba cunha novela de Arundhati Roy, a autora da celebrada El Dios de las pequeñas cosas. Neste sentido, propio de lectores apresurados, unha amiga faloume dunha excelente novela dun autor ruso descoñecido, pero que en realidade era de Tolstoi porque que a editorial modificara na capa o tradicional nome de pila do autor de Ana Karenina. Por non falar das confusións literarias que provocan os apelidos Roth, Goytisolo ou Grossman.

Talvez polos efectos desta enervante pandemia, a semana pasada collín na biblioteca da miña vila O verán en Lucenza (2020), pensando que se trataba dunha obra do comandante Fortes, aquel valente militar que se enfrontou coa ditadura naqueles anos difíciles. En realidade, era unha obra de seu fillo, do cal xa lle lera a emocionante Los viajes de Shackleton a la Antártida (2014). Malia a sorpresa inicial, a obra non me decepcionou unha miga. Trátase dunha pequena xoia literaria, construída cun galego moi acaído co espazo vital que describe.10001213813 Baixo un argumento sinxelo, a historia dun rapaz que pasa as vacacións nunha aldea galega, durante os anos 70, onde o protagonista vai atesourar un monllo de experiencias vitais, Alberto Fortes (Pontevedra, 1964) recrea cunha prosa poderosa e uns capítulos ben medidos, un mundo rural a piques de caducar, onde non todos os camiños cos que se enfronta “o fillo do Cortizo”  polos rueiros  (E así vou cobregando por congostras e corredoiras remoendo saudosos pensamentos) lle procuran unha saída doada ás súas incertezas (Sei que é a miña cabeza, chea de fíos soltos) na aldea de Lucenza.

Por certo, cada vez que Haruki Murakami publica un libro, ou aparece nas listas dos próximos Premio Nobel, Ryu Murakami dispárase nas vendas. Parabéns!

Un comentario en “O verán en Lucenza, de Alberto Fortes

  1. Buenos días, Inés:
    Veo que eres una buena lectora pues siempre recomiendas excelentes obras; ¡quién pudiera gozar de más tiempo libre para poder leer todo lo aconsejable ! de todas maneras quedan anotados esos títulos.
    Saludos desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>