Unha ocasión especial

aquMarina Losada Vicente. Tiña tres fontes de ingresos. Tres. Coa pandemia, quedoulle só unha, a máis irregular. Non se podía saír a cear, nin ir ao cine, nin coller unha fin de semana nun spa, mais Antela non o botaba de menos. Estrañaba, iso si, o paseo coas amigas, a bebida refrescante no alto do camiño, o café con elas.

Da lista da compra borrou unha serie de luxos que xa non se podía permitir, nin sequera o zume de laranxas da mañá. Cando se puido saír, e aínda que era palpábel a perda de emprego, anunciou a súa situación económica, que empeoraba día a día. Non aos catro ventos, que non era o caso, máis quixo ser franca coa súa xente.

Na despensa gardaba, como ouro en pano, tres botes de aquarius. Tres. Quedaran alí para unha ocasión especial, como se se tratase do mellor espumoso do mundo.

Non se fixo esperar, a ocasión especial. Facendo limpeza, a finais de outubro, atopouse con que os botes estaban a piques de caducar. A covid-19 permitíalle un capricho. Volvería, durante uns días, ser a mesma de antes. Unha bebida isotónica no medio do paseo, que agora fai soa. Como é de reciclar, foi amontoando os envases no caldeiro amarelo. Non tivo ningún tipo de precaución ao levalo ao colector da praza, no que se atopou baldeirando o contido diante da súa amiga e veciña.

-Xa vexo que che pasou a crise -espetoulle-. Xa eu dicía que non era para tanto.

3 reflexións sobre “Unha ocasión especial

  1. Querida Marina: “Unha ocasión especial” me ha producido cierta tristeza – lo siento-, ya que me pongo en el lugar de esas gentes y el miocardio se “retuerce”.- Sobre todo, en fechas tan señaladas, como las que se avecinan. – Por otro lado tus entradas son tan reales…, que nos impulsan a dejar aflorar sentimientos y emociones.
    Un abrazo.

  2. Bo día: O único que nos pode sacar desta situación é a capacidade humana de adaptación: Aprender a acomodarnos ao medio en que vivimos. Mentres intentemos facelo ao revés, imos mal. E como humanos, abocados a caer por terceira vez na mesma pedra… por iso estamos intentando “salvar” as festas do nadal… unha paréntese de felicidade ante o próximo precipicio. Bicos, Magdalena.

  3. A veciña fixo coma aquel médico que lle dixo á enfermeira: – Se nota que va subiendo el nivel de vida de los españoles.
    - En qué se nota? – preguntóu a enfermeira.
    - Hemos tenido el doble de ingresos por corte accidental con cuchillo jamonero que el año pasado.

    Querida Marina, que Deus nos axude a pasar esta peste, e que un raio de luz veña a atravesar canto antes estas densísimas sombras.

    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>