A primeira pedra

fibra-algodon-e1541679334124Marina Losada Vicente. A clase toda riu da nena que eu era, como se fose unha ocorrencia. Non lembro ao fío de que viña a pregunta, mais si a risa delirante de todas as miñas compañeiras. Aquela súa espontaneidade, tan propia da infancia, non deixaba de carrexar con ela a crueldade de quen non calcula o efecto da súa forza. A risa inicial, procedente da parte de atrás, deu lugar a unha gargallada xeral da que eu era o branco. Soa, ao alto, despois de ter levantado a man, como cumpría, antes de contestar. A única man levantada… quizais tivera a nena que pensalo antes de dar resposta, mais estaba tan segura… nin imaxinara que fose un patrimonio seu, herdado da madriña costureira que estivera presta para darlle valor e levantarse, mais non acudira na súa axuda diante dunha aula que esmendrellaba coa risa.

Fixo eco a cabeza da nena da burla, que atopou agocho naquel lugar das emocións contidas, xunto coa impotencia, o desconcerto, as ganas de chorar. Atreverse a levantar a man, que a mestra autorice a utilizar a fala, tan medida naqueles tempos, non tería que ter acadado tal rebumbio.

As amigas lémbranche que eras moi lista, cun punto de incomodidade, mais ningunha acorda aquela tarde. Ti calas que facía calor, que o sol rebotaba na caixa metálica, a dos lapis, que tiña dona Lola no seu pupitre, cegándote por momentos. Sentes que foi a primeira pedra dun muro que te mantivo retraída, tímida, que non hai moito empezaches a derruír.

-Sabedes de que están feitos os mandilóns que levades postos?

-De algodón.

6 comentarios en “A primeira pedra

  1. Compartir experiencias permite, Carmen, ver que non eras un bicho raro. Tomar este café ten efectos terapéuticos. A resposta colectiva marca moito quen ti vas a ser. Tanto porque te anime a ser do seu gusto como porque te faga agochar quen eres. Fai falta esperiencia para centrarse nunha mesma e permitirte ser. Neso andamos. Bicos

  2. Guardo un mal recuerdo de un trance parecido, pero sin risas: andábamos a vueltas con los órganos del cuerpo humano y aquel día le tocaba al aparato digestivo. La profesora preguntó si alguien era capaz de explicar el proceso de la digestión. Al ver que no había respuesta sugirió que levantase el brazo la que tuviese idea de algo. Aunque siempre fui muy cohibida a la hora de salir a escena, en aquella ocasión acabé alzando la mano.
    Maldita la hora: al acabar mi exposición, la maestra, dirigiéndose a la clase, espetó:
    -Así es como se estudia una lección. Aprended.
    No hubo risas, pero la vergüenza que sentí fue tan grande que nunca más he vuelto a levantar el brazo por más que lo desease. Bueno…, tal vez en esta etapa de la vida, en la que te atreves a salir a la calle hasta con un sombrerito rosa, haya alzado el brazo en alguna ocasión.
    Que tus sueños sean bien bonitos.

  3. Marina: Tengo que corroborar, lo que Magdalena ha comentado acerca de tus artículos. Son tan reales que, en ocasiones, una se siente protagonista de los mismos. Sigue escribiendo, me gusta como escribes.

    Con mi deseo de que el año venidero nos depare más alegrías y salud, dejando atrás todo lo vivido este año. ¡¡¡TODO!!!

  4. Amosar como te sentes -non como eres, que a saber!- ten os seus riscos, máis chega un día no que perdes a pereza de intentalo: Escribes como única forma de ler quen podes ser. Tamén nas túas respostas. Bicos, Magdalena.

  5. Bos días, queridiña Marina:
    Moitas veces penso que, se a entrada viñese sen nome, pola maneira que tedes de escribir todolos compoñentes desta Cafetería, sabería de quen é cada artigo. Cada un de vos tedes un estilo moi particular, e o teu é moi especial. Sempre penso con qué nos sorprenderás no remate. Nunca defraudas. A min gústame a xente que non emprega eufemismos nin ambigüedades no escrito, ti sempre vas ca beleza da verdade espida.
    E non me refiro precisamente ao do hoxe, dígoo por todolos artigos teus en xeral.
    Moitos biquiños palmeiráns. Felices festas, e sigue escribindo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>