Máscaras

images (1)María Xesús Blanco. Ai, que sensación tan estraña os primeiros días! Baixando do autobús coas bocas tapadas e mantendo a fila coa distancia de seguridade. Despois nos pupitres das súas aulas, ben separados. E antes de entrar, o xel desinfectante. Os recreos nun patio dividido en espazos e sen poder compartir xogos con nenos e nenas doutros grupos. Así e todo, un bule bule nos dedos polo reencontro cos compañeiros da mesma idade. Os seus ollos transmitían unha mestura nerviosa de perplexidade e ledicia. É verdade que levamos meses de pandemia pero ao inicio impresionaba velos coas súas máscaras seguindo ao pé da letra as indicacións dos mestres e mestras. Era setembro e facía bo tempo. E nos lugares de ocio algúns adultos facían o que lles petaba mentres os rapaces e rapazas cumprían, e cumpren, coma campións. Logo, os responsábeis políticos coas súas andrómenas. Provocando, se cabe, máis incerteza e caos, cando debería ser todo o contrario. Así comezou o curso escolar. Parecía unha película de ciencia ficción. E aquí seguimos despois de varias semanas. Mergullados de cheo nesta nova realidade. Compartindo aprendizaxes e xogos. Tentando amosar un sorriso grande coas nosas miradas. Por iso estes días lembreime do filme “Camiño á escola” (2013), de Pascal Plisson, que relata as duras circunstancias de tres nenos e unha nena de diferentes partes do mundo para asistir á escola. E, a pesar da adversidade e da ausencia de políticas axeitadas que deben garantir un dereito tan básico como é a educación, as súas historias transmiten optimismo e paixón por aprender. A verdade é que todos os nenos e nenas zumegan entusiasmo. Porén, os que gobernan han de baixarse definitivamente dun autobús cheo de propostas efectistas e, ás veces, pouco realistas coa situación tan complexa que estamos a vivir.

Ai, que ganas de quitármonos as máscaras! E de apertarmos as mans facendo unha roda xigante!

Un comentario en “Máscaras

  1. Buenos días, María Jesús. Buenos se vuelvan.
    A las dos de la tarde recogíamos en la escuela cada día a nuestra única nieta Emma. Comía con nosotros y sobre las tres y media, venía mi nuera a recogerla después del trabajo. Ahora, desde que empezó el curso la vemos esporádicamente, mi hijo y nuera no quieren exponernos al peligro del puñetero virus. A ver que solución encontramos cuando empiecen las vacaciones.

    Hace muchos años, leí algo que me llamó la atención, y como suelo hacer con las cosas que me sorprenden, lo apunté en una libreta. Su título era este: “EFECTO CERO”
    1840 – Presidente Harrison. Éste presidente americano, sobrevivió un mes a la presidencia.
    1860 – H. Linconl – Cinco años. Asesinado.
    1900 – Garfil- . Asesinado
    1900 – MC. Kirley- Lo mató un terrorista a los cuatro años de presidencia.
    1920 – Hardyn – Muere extrañamente en un viaje.
    1960 – Kennedy – Asesinado en Texas.
    1980 – Ronald Reegan – fue la excepción, se salvó por los pelos de un atentado.

    2020 – SARS- CoV- 2. – ¿…?

    Sentidiño, moito sentidiño. Y que de ahora en adelante, seamos la excepción, como Ronal Reegan. Tocados pero no hundidos.

    Biquiños palmeiráns, María Xesús.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *