Decúbito

a-que-tienen-miedo-los-hombres-en-la-camaMarina Losada Vicente. Pola noite, desde que o inverno enche a estancia, repito un ritual do que tomo conciencia cada vez. Todas as veces. Colgo a bata, íspome, poño a camiseta, abro a cama, acomodo o embozo, apago a luz e métome na cama, boca arriba, cubríndome ata as orellas. Estírome a todo dar -evito facerme un novelo- e desde esta posición, decúbito supino, xiro o dorso cara á esquerda, co brazo dereito estendido sobre o corpo e o esquerdo flexionado. De seguido, aposto a almofada ben pegada á caluga. Inclinándome un chisco cara adiante, paso a man dereita por debaixo do corpo e turro da roupa, axustándoa contra min. Volvo á posición inicial, apresando co meu peso a dobrez que quedou debaixo. Acado o abrazo da saba como se dunha segunda pel se tratase. Vendo o resultado, diríase que a nai que me pariu pasou a arrouparme. O corpo, meu compañeiro, quenta o lenzo. Son consciente desa verdade. As mantas só manteñen a miña calor corporal, reténdoa en min, illándome do frío exterior. Deixo caer o peso da vida. Esta hora é miña. Só miña.

Nada me fai botar a vista atrás, se non agora, que paso a papel o que é o momento máis íntimo do día e sei que esa paz é unha vitoria. Antes de quedar durmida, agradezo de certo ser titular dunha máquina tan ben facedora.

6 comentarios en “Decúbito

  1. Antaño, lo mío era dormir en decúbito supino mirando un rato al techo en el que creía ver figuras chinescas con la luz que entraba por la rendija de la ventana.

    Después de la extirpación de la epiglotis, cambié la posición a decúbito prono con la cabeza de lado para no asfixiarme. Pero como aquello resultaba incomodísimo para el cuello, y la naturaleza es sabia, acabé durmiendo muy a gusto tal cual lo expones. ¡¡¡Clavado!!!

    Con tu permiso: a Magdalena le diría justo lo que tú le dices. Además sabe que la admiro.

    Un placer leeros a las dos.

    Bicos.

    1. Tiven que buscar epiglotis no dicionario e resulta algo máis importante do que eu pensaba ao lerche. Entendo que é algo que tes superado, por como o relatas e que todo está ben.

      Ser dona da propia noite é difícil, e non depende dunha mesma, os problemas da vida poden estragar o sono, máis cando se consegue a postura e a cabeza se deixa baldeirar… Alégrome de que coincidamos! Bicos, Carmen

  2. A memoria a longo prazo é o mellor que garda a miña testa, póis aínda teño no caletre toda unha obra de teatro que fixemos cando tiña once ou doce anos, pero a memoria a corto prazo, fuxeu xa fai tempo das miñas expectativas de poder gardalo todo coma antes. Agora xa non aspiro a saber reteñelo todo, agora só desexo seguir sendo.

    As citas e autores son de cortar e pegar. Eso non ten mérito.

    O de durmir en boa compañía, ahí douche a razón.
    Moitos biquiños, querida Marina.

    1. A memoria acaba sendo como unha pirámide, chea na base e baleira no vértice. E na base acaba mesturándose todo, de forma que resulta difícil atopar unha verdade baixo tantas capas como a protexen.

      No que indicas das citas e autores -o do corta e pego douno por feito-, o mérito está en saber que é o que se busca e onde atopalo. E ti tes a chave de todos os caixón! Bicos, Magdalena

  3. Envidia teño eu da túa memoria para citas, títulos, autores… e sempre tan ben acaídas! Tamén das parellas que saben durmir ben xuntas! Bicos, Magdalena.

  4. Qué envidia me das, querida Marina !!
    Eu póñome en decúbito supino, decúbito prono, de lado, e do que se tercie. Nin ca pastilla da melatonina acompañada da taciña de tila, o meu cerebro chega a pasar esas cinco fases tan necesarias para a saúde.
    J.M que practica o ioga ibérico – coma lle chamaba o noso don Camilo á sesta – despóis de comer mentres eu vou a andar, dorme pola noite tamén coma un santiño.
    Entón, boto man daquel refrán que di: “Si la vida te da limones aprende a hacer limonada” prendo a lampariña e póñome a ler ata que Morfeo ben a buscarme.

    Un pracer lerte sempre. Biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *