August, de Christa Wolf

9788494887345Xerardo AgraFoxo. «Todo é froito do destino e ninguén pode evitalo». Así se le ao comezo deste relato que podía transcorrer doutro xeito se a vida desta escritora non se vise agredida pola guerra. Sendo moza converteuse nunha refuxiada. Nun xélido día de inverno montou nunha camioneta e deixou atrás a súa casa en Polonia. Logo de atravesar o río Oder, chegou a unha aldea alemá. Cando o Exército Vermello enfiaba Berlín fuxiu nunha carruaxe até as marxes dun río que catro anos despois afastaría dous países. Que sería da vida de Christa Wolf se aquel día atravesase o Elba? Como non foi así, porque «o destino é inevitábel», abrazou os ideais da República Democrática Alemaña, converteuse nunha das súas figuras máis senlleiras, para se converter logo nunha intelectual subversiva, o que lle custou a acusación de ser «colaboradora da Stasi».

Este relato póstumo de tan só trinta páxinas é un agasallo que Christa Wolf lle fixo ao seu home no sesenta aniversario da súa voda. A través de August, o neno refuxiado convertido, mediante hábiles saltos temporais, no home que acaba de perder a dona, coñecemos a posguerra nun sanatorio para enfermos de tuberculose e a vida triste dun condutor de autobuses a piques de xubilarse.

Con estes alicerces, August (2020), un relato autobiográfico contando con sinxela e mestría, semella un pequeno tesouro literario, ao nivel das súas mellores novelas e contos.

Un comentario en “August, de Christa Wolf

  1. Pois non me perderei este “tesouro literario” Xerardo. Contarche que estou lendo a Margaryta Yakovenko e coincido contigo. Grazas polas túas suxestións !! Apertas!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *