La forastera, de Olga Merino

9788420438450Xerardo AgraFoxo. Non sei se esta é a mellor novela que lin ultimamente, pero sei que se trata dunha obra cativadora. Así, segundo o consello da autora de O caderno de Rosalía, cando nos reunimos aquela mañá no Plaza ao redor dun café (Mellor, reseñar os libros que nos gustan), comento este magnífico relato de Olga Merino (Barcelona, 1965): Angie, despois de deixar atrás Barcelona, a onde emigraran seus pais andaluces, e Londres, onde deixa un amor cun pintor inglés, decide retirarse a un vello caserón familiar, situado nunha aldea do sur máis profundo, coa soa compañía de Capitana e Pluto, na procura do acougo que precisa. Así de sinxelo semella La forastera (2020) pero, mentres lemos o primeiro parágrafo (No les tengo miedo. Saben que escondo una escopeta. Creen que estoy loca, porque frecuento el cementerio), descubrimos que agocha un western duro e agreste ambientado na España baleira, onde se precisa un gran dominio do oficio para contar esta historia fuxindo do ruralismo, os personaxes maniqueos e o sentimentalismo máis banal. Unhas mortes inexplicábeis, mesturado coas pantasmas do pasado e unha hábil descrición da emigración, amais dun amplo léxico para describir o mundo rural, converten esta novela nun relato arrepiante sobre a liberdade e a capacidade de resistencia do ser humano ante tantas condicións adversas.

Unha voz narradora propia, para non esquecela! Seguro que lle gustará a Chus de Melide.

Un comentario en “La forastera, de Olga Merino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>