Calle del Perdón, Mahi Binebine

9788420439617Xerardo AgraFoxo. Esta novela chega despois doutras do mesmo autor como El último viaje de Mamaya (2009), Los caballos de Dios (2010) e Yo, el bufón del rey (2018). Na primeira conta a peripecia de seu irmán Aziz que pasou 18 anos no cárcere de Tazmamart, xunto con outros 56 compañeiros dos cales só sobreviviron 14, por participar no  golpe de estado de 1971 contra Hassan II. Unha historia que aproveitaría Tahar Ben Jelloun para escribir a controvertida Sufrían por la luz. Estas escouras valeríanlle a Mahi Binebine (Marrakech, 1959)  para tecer Yo, el bufón del rey, onde conta a vida de seu pai Mohamed Ben, que, mentres Aziz sufría no alxube do deserto, facía de pallaso nos salóns reais marroquís, unha lealdade ao soberano que provocaría o desprezo da súa familia. En Los caballos de Dios, inspirada nos atentados de 2003 en Casablanca nos que morreron 45 persoas, conta a historia de cinco rapaces do arrabalde de Sidi Moumen, que, polo esquecemento das institucións e as mafias relixiosas, semella unha fábrica de terroristas. En Calle del Perdón (2021) coñecemos a vida de Hayat, unha moza que fuxe da súa casa para descubrir outra vida afastada dos tabús que a atenazan dende que nacera cun cabelo louro.

 Coma nunha obra shakesperiana, logo da morte da Súa Maxestade e a reconciliación coa súa familia, Mahi Binebine, puido regresar á súa terra, onde lle agardan outras historias que contar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *