Un detalle insignificante

Girl sit on the floor and look up. Line drawing vector illustration.Marina Losada Vicente. Nas fins de semana non consegue ir ao baño. As deposicións sólidas agardan ata o luns e, polo retraso, con dificultade. Un sábado decide enganar o corpo, facendo todo ás présas, como se fose traballar: Ducha, vestirse, cubrir a cama, almorzo, quince minutos ás voltas polo corredor. Nada. O domingo fai o mesmo, mais sae camiñar á rúa, como a diario, entendendo que pode ser ese o revulsivo. Nada.

O sábado seguinte vai máis ao detalle, iso si, en chándal. Érguese as 6:45 h.: Ducha, vestirse, cubrir a cama, almorzo. Camiña quince minutos. Entra á casa desde o soto. Sobe os doce chanzos, os mesmos que ten para chegar ao seu despacho nun primeiro andar. Nada. O domingo repite os pasos anteriores, engadindo a visita a Internet desde o móbil. Nada. De ser luns, ao pouco de acender o ordenador, estaría levantándose para ir ao baño, pensa resignada.

Na terceira semana, sábado as 6:45 h, sabendo que hai algo que falla, recunca, agora co traxe chaqueta e o calzado “laboral”, non sexa o demo. En francés, rien de rien.

Desesperada -o estrinximento é grave para quen padece hemorroides-, o domingo decide ir ao traballo. Ducharse, vestirse, cubrir a cama, almorzar. Camiñada ata a oficina. Sobe os doce chanzos, pendente dun corpo que non di cousa, nin sequera unha leve insinuación. Esqueceu as chaves, polo que prende Internet no móbil ao tempo que senta na escaleira, como se fose no despacho. Sentar? O detonante era sentar? Son as 7:15 h dun domingo chuvioso… a que porta vai petar para liberarse do apertón?

 

2 comentarios en “Un detalle insignificante

  1. Disciplina e atención, certo, que non sempre es capaz de ver o que funciona e o que non. O que sempre vai ben, beber moita auga, que tanto a recomendan! Sinto que o rei do que falas non tratase contigo! Bicos, Magdalena.

  2. Bos días, querida Marina:

    Todo requer a súa disciplina. Os galenos recomendan eso, sentarse, para que non lle pase á protagonista da túa entrada o que lle ocurreu a Jorge II. Este rei británico faleceu porque lle estalou a aorta mentres apretaba con todas as súas forzas no retrete, (unha disección aórtica) dixeron os médicos que o atenderon.

    E logo tamén hai un remedio moi eficaz: “Pouca cama, pouco prato, e moita sola de zapato”.

    Moitos biquiños palmeiráns. Un pracer coma sempre.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>