Conversas de escaparate. Felicidade

B81B.tmpFidel Vidal. -Acompañaríasme a dar un paseo agora que non hai ninguén?

-Sería un pracer e unha honra pero pode chegar alguén.

-A estas horas?

-Un osmón ou unha mirona xamais pensa nas horas. Ademais resultaría unha estrañeza que nos viran collidas da man.

-Quen falou de pasear agarradas?

-E con estes sombreiros?

-Deixariámolos aquí formando parte do decorado.

-Como imos poder sacalos da cabeza?

-Aprenderemos. Non debe ser complicado. Peor sería mudar de traxe.

-Moito peor. Imposíbel. Xa lle custa ben ás rapazas para canto máis a unha coma nós sen experiencia.

-No caso de que acepte acompañarte, onde iríamos?

-Por aí. A dar unha volta, a tomar o aire. Non estás cansa de mirar sempre para o mesmo punto?

-Resulta entretido. Por diante nosa pasa unha manchea de persoas, mesmo mozas cos seus lucidos noivos.

-Para min non é nada divertido.

-Ademais teño pedras nos zapatos.

6FA7.tmp-Como vas ter pedras nos zapatos se nunca te moviches e nin tan sequera sabes se levas calzado?

-Aquí estamos ben a gusto, ao abrigo de choivas e calorazos.

-Vou ter que saír sen compaña.

-Por favor, non o fagas. Teño medo por ti.

-Ao mellor atopo a felicidade.

-A felicidade de que?

-De ser quen de camiñar.

9 comentarios en “Conversas de escaparate. Felicidade

  1. Apreciado Fidel:
    Siempre se agradece recibir, de tan ilustre escritor y caballero, respuestas tan agradables a mis pobres comentarios.
    Gracias, de verdad.
    Mi recuerdo, desde Palmeira.

  2. ¡Qué monas Fidel!
    En esta ocasión, las has elegido con una pose deportiva, pero a la vez elegante. Ya sabes, los zapatos de tacón o bota, unido a sus sombreros…, les da un “toque” muy chic.
    Nos tienes tan familiarizados con este grupo de maniquíes, que ya nos parecen de la familia. Tanto, que cuando me paro ante algún escaparate sonrío, y les pregunto:— ¿conocéis a Fidel? Supongo que sí por lo mucho que habla de vosotras.— No me contestaron porque a través del cristal no se oía. Sin embargo pude ver que esbozaban una sonrisa o eso me pareció. Se conoce que sus jefes les prohíben, se pongan de “parola” con los transeúntes, ya que prefieren que, “los mirones”, entren a comprar. Ya sabes, el negocio ante todo, porque si se ponen a charlar, tal vez pierden el “apresto”, o les caen los sombreros. Imagínate con lo “peladas” que están casi todas, la que se armaría. Perderían su textura, cuando parte de su encanto, son sus cabezas por los bellos sombreros que les “encasquetan”.
    Me gusto tu narrativa de FELICIDADE.

    Con mi recuerdo, desde Palmeira.

    1. Recordos de volta para Palmeira, prezada Naty. A vantaxe das manequíns de escaparate, e vale tamén para os bonecos, en especial para os seus donos é que non precisan darllles de comer. Daquela supoño que mudarían menos de modelos e ademais penso que estarían algo máis gordiños. Grazas polas túas verbas sempre tan ben escollidas. Unha aperta e saúde, moita saúde.

  3. Eu iba para aforrar os cartos do autobús que custaba tres pesetas, é empregábamolas en chuches que íamos comendo polo camino de volta do cine.

    Máis castos biquiños.

  4. Bos días, querido Fidel:

    Todolos días ( sempre que o tempo o permite ) vou a dar unha camiñatiña dunha hora aproximadamente por varias razóns: a primeira por pracer, a segunda por darlle gusto os pulmóns respirando as esencias balsámicas dos eucaliptos, e outra tamén importante é, para que o corpo non se desvíe demasiado ao modo das mulleres que por aquela época pintaba Pedro Pablo Rubens.
    Ben, póis onte, chamoume unha das miñas amigas de toda a vida e que xa facía tempo que non estabamos xuntas por causa da praga que nos caeu enriba e que ela e máis o home padeceron.
    Quería que a acompañase a Ribeira, e alá fomos.
    No primeiro escaparate que topamos, pareime. Eran duas raparigas moi ben vestidas as que sorrían ó viandante. Pensei en ti, e devolvinlle o sorriso. Merche, a miña amiga que se percatou do xesto da miña boca curvada para arriba, díxome: Seique che gusta a roupa que portan ?
    Eu co sorriso sen apagar contesteille que non estaba efectuando valoracions estéticas, senón simplemente que estaba recordando algo sobre alguén que escribía cousas moi bonitas sobre as que non podían contonear o seu corpo jacarandoso.
    Fomos a tomar un cafeíño a unha terraza ao aire libre e demos outro paseiño pola veira do mar.

    Onte foi un bo día. Paseo polos eucaliptos, e logo por Ribeira cunha boa amiga e recordando a outro amigo por medio das rapazas do sombreiro.

    NO SOLO NO LO SON . EstAnqUIllO.

    Moitos castos biquiños

    1. Envexa é o que me dades tanto ti como a túa amiga paseando de Palmeira a Ribeira e de Ribeira a Palmeira, traxecto que me lembra as festas de verán en tempos nos que eramos máis felices (refírome a que non era necesario o permiso das autoridades para tal exercicio). Todo de andará, frase que vén ao caso. Saúde.
      RODA A DOR, rEsUcItAdO .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *