Conversas de escaparate. Mal de amores

3D0.tmpFidel Vidal. -Non tes moi boa cara.

-Será polas pestanas que nos plantaron.

-De ás de morcego.

-Talmente. De morcego xigante de Australia.

-O raposo voador.

-De raposos vai o conto.

-O que ti nomeaches pertence á familia dos pteróptidos fruxívoros.

-Velaquí unha erudita da ciencia. Estás que con cabes nas saias.

-Pero o máis grande dos morcegos, o verdadeiro megamorcego, é o raposo voador filipino.

-Se ti o dis…

-Nome científico: Aerodun jubatus.

-Vaia!

-Pero segues coa mala cara.

-A que Deus me deu.

-Seica che puxo os cornos o teu home, cariño?

-O cariño que ti me tes.

-Aínda que non o creas, si que che teño en alta estima e moito aprecio.

-Na reciprocidade o mesmo que eu a ti.

C167.tmp-Véxoche triste e a apesarada.

-Xa ves, non son quen de o disimular.

-Non será cousa de infidelidade?

-Pareces bruxa. Si que a é.

-Daquela enganouche o teu esposo?

-Moito peor. Os homes son todos uns cabróns.

-Xa se sabe, en cada parroquia un castrón.

-E ti que o digas.

-Seguro que o fixo coa túa mellor amiga.

-Non, por aí non van os tiros.

-Entón que pasou?

-Non o vas crer.

-Ardo en ascuas por saber.

-Quen me puxo a cornamenta foi o meu amante.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Mal de amores

  1. Da gusto levantarse xa cun sorriso máis grande cas pestanas do morcego xigante de Australia. Canto inxenio hai por estes lares !!

    Xa sabes que cando un dos que estaban con Xesús fireu ca espada ao Sumo Sacerdote, El, díxolle “garda a espada que o que a ferro mata a ferro more”
    Haberá que dicirlle eso á da cornamenta.

    Fidel, deixote, hoxe non podo mandarte o anagrama, está esperándome a escola da memoria.
    Moitos castos biquiños.

    1. “Amádevos uns aos outros” tamén dixo Xesús (Juan 13:34), non sei se antes ou despois da referencia ao de matar a ferro. Pois iso, amémonos. O que si parece un éxito é o da escola da memoria. Desta vez tiveches que ir ás carreiras para non perderes a cita, quer dicir, que recordaches perfectamente a hora e o día da clase. Bravo! A iso chámaselle eficacia. Os meus parabéns, memoriona. Grazas ás présas descansamos de palíndomos e das cinco vogais.
      Van de volta bicos apertas e castos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *