Íntima

tumblr_n7yal5qbvY1qfcut3o1_500Marina Losada Vicente. Antes de meterse na ducha, ao sacar a roupa interior, ólea. Un suspiro fondo absorbe a súa intimidade, como unha confirmación de que segue aí, a intimidade. Un movemento que non sabe ben a que obedece, acompañado da imaxe dun invidente que entra nunha cafetería, despois de cincuenta anos de ausencia. O local consérvase tal como era, mais hai algo que o home bota de menos. Só un cego sería quen, repara. Bota de menos a esencia do local, que tan claramente evoca a súa memoria. Xa non se percibe o ulido a muller, ese cheiro de cando auga e xabón se mesturaban coa suor dos corpos nas tardes de estío, cando xeles e desodorizantes estaban sen inventar, quizais algunha colonia barata.

Compracida, baixo o chorro de auga que mornea o seu corpo, Elvira sorrí ao preguntarse porque mestura o xesto íntimo coa historia do cego que leu en algures. Sexa cal for a resposta, a sensación é ben agradable.

4 comentarios en “Íntima

  1. Marina:
    Hasta los invidentes detectan los buenos olores. Precisamente, por su falta de visión, se le agudizan el resto de los sentidos.
    Hay olores que se conservan por años, pero con la aparición de una seria de ambientadores, desapareció ese aroma, ese olor que algunas antiguas cafeterías “emanaban” y que les daba un cierto “buqué” a antiguo aunque, en ocasiones, su perfume fuera a madera vieja, humedad… Y muchas veces a rancio, o escape de tuberías nada agradable, pero que nos sentíamos cómodas a pesar de todo.
    Para terminar te diré que, el buen aroma, el buen sabor, es el que sentimos cuando te asomas por la cafetería y leemos tus agradables narrativas.

    Mi recuerdo desde Palmeira.

    1. Grazas, Naty. Para min o mellor arrecendo é o de pan saído do forno de leña, aquel que tiñamos na rúa de Arriba. Mollar o pan, aínda quente, nunha taza de café con leite, pasou a ser a “magdalena” da miña infancia. Certo que recordo o olor a “humanidade” das mulleres os días de calor. Supoño que se debe a que estaba moito máis preto delas que dos homes. Saúdos

  2. Bo día: Medo me dá a hora en que teñamos tempo! O sábado, tamén eu marchei apurada e con ganas de falar coas persoas coñecidas que por alí andabades. Aínda sendo fin de semana tiña as horas taxadas. Tendo ganas de estar menos ocupada, teño que recoñecer que me asusta o baleiro de ter todo o día para min! Bicos, Magdalena.

  3. Tamén é agradable a sensación que os teus textos nos deixan. Eres unha fora de serie, querida Marina.

    Foi unha pena que o outro día non tivese máis tempo para charlar un anaquiño contigo, pero era moi mala hora para demorarme aínda máis. A ver si se presenta o día en que podamos ser máis pródigas nas demostracións de afecto roubándolle tempo ao tempo.

    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>