Fidel Vidal. -Non me veñas con novelos nin novelas.
-A cousa vai de cuncas e ferrados.
-Créalo ou non o meu modelo era topógrafo e diso algo recibín.
-Pois o molde do meu debeu ser dun irmán xemelgo.
-Recibiches o saber e as leiras.
-Unha boa herdanza.
-Só unha leira, unha boa terra pero mellor solar.
-Quer dicir que nos vas deixar para gozar da terra.
-Da terra vas gozar ti o día do enterro.
-A completa felicidade.
-Unha sorte para volos dous. Formades unha magnífica parella.
-Eu preferiría seguir como trío.
-Falou a perversa.
-Estou de leria.
-Falando de leria e de leiras, de cantos ferrados é a túa?
-Tres ferrados e dúas cuncas.
-Que son en metros cadrados…
-No meu caso uns mil cincocentos aproximadamente.
-Como que no teu caso?
-Se fose noutra bisbarra sería menos da metade.
-E pola banda de Ourense igual duplicaría.
-Estes galegos…
-Un ferrado pode sumar cen metros cadrados nun lado e noutro pasar dos seiscentos.
-A túa herdanza, cantas cuncas veñen ser?
-Se doce cuncas fan un ferrado… fai ti as contas.
Ai que risa !!
Doce cuncas un ferrado, e vinte reales era un peso.
Había aquí un home (que na gloria estea) que tiña a manía de coleccionar hectáreas, e un día díxolle un veciño que como os anos non pasaban en balde, e el non tiña necesidade de tanta terra, por qué non lle daba a décima parte do terreo, que así quedarían ben os dous. O vello miróuno e díxolle: “Unha décima, e logo ti non sabes que a decima tiña Moisés na táboa, e era … Non codiciarás os bens axenos?
O veciño quería un REGALO pero o vello supoo GOLEAR.
Moi simpática a entrada, querido Fidel. Non te esquezas nunca da xente dos escaparates.
Moitos castos biquiños da Castro do Brañal.
Xa ves, uns coleccionan sellos e outros hectáreas. Estivo ben mentarlle a Moisés cargado coas súas táboas ao lombo.
Grazas polos ánimos de escaparate. E biquiños CASTOS de COSTAS.