Marina Losada Vicente. Unha das cousas que máis o preocupou, desde que enfermou, foi que eu tivese unha saúde de ferro. Moito porfiou con iso! Mesmo preguntou a que idade morreran papá Santiago e a avoa Pepa. Levábame doce anos, razón suficiente para estar seguro de que ía ter saúde para coidalo ata o último alento, pero non, eu tiña que estar sa máis aló del mesmo.
Cada vez que o visitaba o médico, que nos últimos meses viña a miúdo, pedíalle a don Ramón que me botase unha ollada. Se me notaba desmellorada, a súa enfermidade requiría moitos coidados, reclamaba que me dese algún reconstituínte. Eu comía os mellores filetes e os peixes más frescos. Para min o leite acabado de saír da vaca, antes de que pasase o do camión e a rebaixásemos. Se os ovos escaseaban, pasaba el sen eles, non eu. Total, dicía, este meu corpo non ten remedio.
Un día, cando a morte asentara nos seus ollos, coa confianza que este xa lle tiña e dándose conta de que a miña saúde lle levaba o sentido, don Ramón preguntoulle a que viña tanto coidarme, se quería asegurar misas e rezos, flores na súa sepultura ou se era para que eu vise logrados os castiñeiros plantados no souto vello, xa que non deixaba fillos para velos.
-O da sindical agraria obrigoume a pagar a vellez -repúxolle- sabendo que eu non ía ter saúde para desfrutala. Pois aí lle queda á miña viúva, que cobrará por min unha morea de anos!
Marina:
Es verdad lo que dices.
Ya sabes: lágrimas con dinero, son medias lágrimas. Y aún hay otra: el dinero no da la felicidad, pero… ¡Cuánto ayuda! Triste, pero es así. Y que no debiéramos decir triste, porque es una verdad de la talla XXXXL. (enorme)
Un abrazo desde Palmeira.
Ante a inxustiza dunha morte prematura, calquera alivo é bo. Un abrazo, Naty.
Marina:
¿Inteligente?, ¿egoísta el enfermo? ¿Quería cuidar a la señora para que estuviese en forma, y así le cuidase mejor…? Como las mejores viandas eran para ella, entre otras cosas.
Sí, la quería cuidar para que pudiese disfrutar después de viuda.
Según tú, dijo: ” Pois aí lle queda á miña viú, que cobrará por min unha morea de anos”. ¡Qué risa!
Como siempre, disfruté leyéndote.
Un abrazo.