Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX

110464331Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Autor de fábulas mitolóxicas, sátiras, glosas, lamentacións, cancións, romances… Foi un dos numerosos poetas que flosou as coplas de Jorge Manrique. Morreu en Granada en 1569 e a súa familia editou as súas Obras en dous tomos no ano 1582. É poeta aínda moi presente nas antoloxías do Renacemento. O seu nome completo era o de Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa.

Velaí os versos nos que aludiu á lenda de Macías:

Que son todas niñerías/que la ocasión levantó,/y el fino amante es Macías,/que por solo amor murió.

Cando Teodosio Vesteiro Torres escribiu sobre Macías e outros poetas medievais galegos, foi citando os versos que os outros poetas lle adicaron, sobre todo os de Garci Sánchez de Badajoz, Juan Rodríguez de Padrón e Gregorio Silvestre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *