Seis mulleres diferentes

mitfordXerardo AgraFoxo. Esta é a historia de seis mozas da aristocrática familia Mitford, unha das máis respectadas de Gran Bretaña pola súas relacións con personaxes coma Bertrand Russell ou Winston Churchill. A maior destas mulleres foi Nancy Mitford, a escritora de amores compulsivos e novelas autobiográficas. A ela seguiulle Unity que, por mor das súas relacións con Hitler, pegouse un tiro na cachola e quedou discapacitada. Logo veu ao mundo Diana que, logo de divorciarse co herdeiro das cervexas Guinnes, casou con Oswald Mosley, o líder dos fascistas británicos, co cal pasaría algúns anos na «sombra». A terceira das irmás tivo un comportamento diferente porque, despois de participar na guerra civil española a prol dos republicanos, conseguiu a cidadanía norteamericana e afiliouse ao Partido Comunista dos Estados Unidos, onde defendeu os dereitos dos pobres e dos negros. As outras dúas irmás foron Pamela, que casou cun brillante físico, e Deborah, que se converteu nunha muller rica e aristócrata pola súa unión co duque de Devonshire, de cuxa unión sairía a «top model» Stella Tennant que acaba suicidarse.  Malia as súas rivalidades e diferentes compromisos sempre estiveron unidas e non deixaron indiferente a ninguén. Tiveron un irmán, Tom, que tampouco foi unha xoia («se fose alemán, sería nazi»). Ante estas controvertidas vidas, seu pai, o barón Redesdale, cando o agromar da democracia semellaba unha catástrofe para eles,  chegou a afirmar: «Miña muller é normal. Eu son normal, pero as miñas fillas están cada cal máis tola». Todas estas e outras abraiantes historias podes lelas no libro Las hermanas Mitford, de Annick Le Floc´hmoan. Alucinante!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>