Touros en Ribeira

150px-Pasepecho_Cordobes_croppedFidel Vidal. En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimpándolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acudían a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos. Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou portátil, o que si había en Ribeira era unha “Peña” de afeccionados que idolatraban -non sei se esta é a expresión correcta-, un afamado matador que recibía de xeonllos a saída do touro, “a porta gaiola”, e singularmente célebre por pegar saltos en crequenas na area. O salto da ra. Era máis coñecido por esas manobras e habilidades que pola “arte” de tourear. Non participaba da mesma opinión o grupo de ribeiráns, pouco numeroso, hai que dicilo, que formaban a “Peña El Cordobés”.

O señor Rilo, reloxeiro, ocupaba a presidencia. Descoñezo de que trataban nas xuntanzas, esporádicas máis que periódicas, supoño que estudaban a tempada e, no caso de que o mestre acudira a Pontevedra, arranxar entradas e programar a viaxe. O que si celebraban eran as corridas emitidas pola televisión española. Nesa asistencia ritual ante o televisor, para maior gloria da “Peña”, radicaba o desexo de facer pública a súa paixón pola lidia.

Os festexos taurinos comezaban ás cinco en punto da tarde cun sonoro e marcial “pasodoble español”. A esa hora todo estaba disposto no Café de María que contaba cunha especie de sollado, un apartado ao que se subía por unha curta escada, onde habitualmente se xogaba ao tute cabrón. A “Peña El Cordobés de Ribeira” amosaba o seu cartel a un lado da bandeira española estendida na varanda dese palco de honra, fronte á pantalla que caía un chisco embaixo da altura da mirada dos taurófilos.

Escoitar os aplausos ou ver o presidente sacar o pano pedindo orella ou rabo era todo unha ledicia. Ou as discusións por unha boa ou mala faena. A vantaxe para o resto dos seareiros que non comungaban con esa cerimonia, estaba en que a “Peña” só montaba o seu número exclusivamente nas retransmisións pola tele das corridas de El Cordobés. Os non avisados que paseaban pola rúa, sorprendíanse mesmo con algo de susto cando, de súpeto, desde o Café de María, oían o entusiasmo dos “Olé!”, “Olé!”, “Olé!”, dos nosos afeccionados veciños. Unha estampa berlanguiana ben entrañable dos sesenta, con touros, café, copa e puro.

8 comentarios en “Touros en Ribeira

  1. Antes de nada unha aperta moi forte para Magdalena e familia.

    En resposta ao escrito de Fidel teño que dicir que miña nai falounos de que polo menos houbo unha corrida de touros en Ribeira. Un dos matadores foi o recentemente desaparecido farmacéutico D. Andrés Ruiz Pedrayes, e mesmo nos ensinou o lugar, subindo Romero Ortiz, do que se conserva unha parte ( o resto foi edificado). Supoño que os maiores de 85 anos saberano, se poden lembrarse, claro.
    Unha aperta.

    1. Agradezo, Encarna, a nova dos touros en Ribeira co farmacéutico Ruiz (q.e.d.) de matador. Sería bo coñecer o resto do cartel. Un bo amigo de Noia corríxeme dicindo que en Noia nunca houbo corridas de touros, o que había eran “Novilladas”. Queda dito.

  2. Apreciado Fidel:
    Acabo de llegar del entierro de esa joven de 49 años. Y que vosotros conocéis a su MADRE.
    Una MADRE con una fortaleza fuera de lo normal, en momentos así, pero sin duda rota por dentro. Un ejemplo de mujer que muchas debiéramos imitar si tuviéramos que pasar por ese mal trago; como es el de perder una hija en una etapa de empezar a vivir todavía. Esa gran mujer, es Magdalena.
    Ella, esta mañana, me agradeció os lo hiciera saber. Es muy triste Fidel lo que le está pasando. Yo todavía me encuentro consternada.
    Un abrazo.

  3. Apreciado Fidel:
    Esta mañana, tenía un pequeño comentario para tus “Touros en Ribeira”, pero algo muy triste ha sucedido, que me ha dejado en un estado de shock emocional, pero de mucha tristeza; cuando alguien a quien quieres y aprecias mucho, está pasando por unos momentos que no le deseo a nadie. No puedo seguir. Lo siento.

  4. Cando esas corridas eran emitidas pola televisión, a miña mestra de bordado que era moi afeccionada a elas, dabanos esa horiña e media de descanso e iban a vela á casa dunha veciña, (ningunha de nós tiña televisión). Eu aproveitaba ese espazo de tempo para ir á praia a coller caramuxos e llapas que sempre me encantaron. Logo contaban as boas faenas de Manoel Benitez. As que sempre me pareceron a mín, ÁCIDAS e SÁDICA.

    Moitos castos biquiños, querido Fidel.

    1. Ai, aquelas ” costuras”, xuntanza de nenas e mociñas coa mestra dirixindo o grupo: “Costureira sen dedal cose pouco e cose mal”. Castiños biquiños, atenta Magdalena. ADÍAS a SAÍDA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>