Poesía turca, Ahmed Arif

desgasteiRomán Arén. Agás Orham Pamuk, é raro ter literatura turca traducida ao galego. María Xosefa Baamonde García e Infan Güler puxeron, en 2013, na nosa lingua o único poemario de Almed Arif (1927-1991), Desgastei cadeas estrañándote, de 1968, un éxito na literatura de Turquía con máis de sesenta edicións. Arif foi torturado e detido en 1951 e non deixa de estar iso presente na súa poesía, pero non é un poeta social. Na súa voz conflúen longa tradición poética turca e a tradición vangardista europea, para formaren unha voz potente e persoal. Amor e resistencia, forza e tenrura, loita e esperanza. Dezanove textos, ouveos que “son balas explosivas/esnaquizadas na miña boca”.

Lédeo, non quero gastar a súa forza, a súa tristeza, a súa esperanza con máis palabras vas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *