A cor do sol, de Andrea Camilleri

a cor do solInés Otero. Despois de traballar durante corenta anos como director de teatro –onde realizou numerosas montaxes de pezas dramáticas de Luigi Pirandello, Eugene Ionesco, T. S. Elliot ou Samuel Beckett– e ser produtor e guionista de series para a RAI,  Andrea Camilleri (Porto Empedocle, 1925)  acadou o éxito no mundo da literatura cando, despois dos fracasos das novelas Il corso delle cose (1978) e Un filo di fumo (1980), publicou La staglione della caccia e dous anos máis tarde La forma dell´aqua, onde aparecía por primeira vez o comisario Montalbano, do que xa leva publicadas sobre as súas pescudas máis de 30 obras en diferentes idiomas.

A cor do sol (Os misterios do Caravaggio) –traducida ao luso para Bertrand Editora por Jessica Falconi– é unha obra orixinal dentro da produción deste sabio siciliano. O protagonista é o mesmo Andrea Camilleri que, durante unha visita á cidade de Siracusa no ano 2004 para asistir á representación dunha traxedia clásica, recibe dun estraño personaxe –Carlo– un encargo que o deixa apalermado. A súa muller, unha profesora de Historia da Arte, acubillara na súa casa antes de morrer uns manuscritos de Michelángelo Merisi, Caravaggio. a cor do sol 2Algo realmente insólito porque o controvertido pintor nunca fora recoñecido polos seus escritos. Cando Camillleri le estes diarios  –“mestura de sombras e alucinaçoes”–  para demostrar a súa autenticidade intúe que están tecidos con habilidade para exculparse das súas violentas accións, entre elas, o asasinato que realizara en Roma no ano 1606. Entón coñecemos os aspectos máis relevantes da súa vida en Malta, Siracusa, Messina e Palermo, así coma os misterios que caracterizaron a súa arte. Pero cando Camilleri intenta localizar a Carlo, o propietario dos “papéis do Caravaggio”, para solicitar autorización para publicalos, atópase cunha inesperada descuberta.

Curiosa e emocionante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *