Unha filóloga da Pobra

boullonPastor Rodríguez. Nacida na década dos sesenta, doutora pola universidade de Compostela coa tese Contribución ó estudio da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1994), Ana Isabel Boullón Agrelo é ben coñecida por un público amplo por ser unha das autoras do Diccionario dos nomes galegos (Vigo, Ir Indo, 1992), pero destaca polos seus estudos lingüísticos, tendo estudado a lingua de Celso Emilio Ferreiro, as características do léxico administrativo, a problemática dos dicionarios galegos para nenos, o léxico de Lamas Carvajal ou o léxico xurídico medieval. Coautora do Diccionario escolar galego (1989) e dun Vocabulario comercial (1988), é académica correspondente da Real Academia Galega e profesora da universidade compostelá. ana isabelCómpre destacar o seu folleto As razós dun nome: A Pobra do Caramiñal, reeditado en 1997, o mellor estudo sobre a orixe toponímica da súa vila natal. Ademais, son moitos os traballos de diversa índole os que ocuparon o seu interese, dende a edición do Teatro de máscaras, de Otero Pedrayo (1989, con Fernando Tato), ata os estudos como A cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago: datos para a historia dunha reivindicación (1991) e Uniformidade e variedade do léxico xurídico-administrativo medieval galego (1994). Vén ademais realizando un interesante labor como tradutora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>