Modiano para nenos

sempé 3Miguel Mariño. A literatura para nenos é tamén cousa dos que escriben para adultos e para exemplo, Patrick Modiano. Si, o elusivo, reticente e neboento Modiano. A súa novela “infantil” máis famosa sae agora en castelán en Blackie Books. Trátase de Catherine, de 1988, en tradución de Miguel Azaola. As ilustracións son de Sempé, un dos grandes da ilustración europea, sinxelo e límpido, que se adapta ben ao mundo bretemoso de Modiano.

Catherine bota unha mirada ao pasado dende Nova York, unha mirada a París, á vida dun pai, que como o de Modiano, non se sabe ben a qué se dedica. Con lentes Catherine dáse conta do mundo real, mais sen eles está nun mundo máis dondo, borroso, esvaído e tenro. O mundo é raro, misterioso. As personaxes son moi súas, con encanto, imposibles de esquecer. Non falla a ironía, a visión tenra e distante. Sen ruído, sen aventuras, sen sorpresas. Para nenos intelixentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *