Pontes co diaño, de Ignacio Castro

pontes co diaña 1Gonzalo Trasbach. Pontes co diaño. Encontros con Ignacio Castro, editado polo pequeno selo santiagués Edicións Corsàrias, é un libro de entrevistas co filósofo, profesor, crítico de arte e axitador cultural compostelán. Entrevistas que transcorren polos camiños máis diversos, dende as novas tecnoloxías ao turismo, dende Os Soprano ata o conflito de Ucraína. Estruturado nunha ducia de conversas ordenadas segundo as datas nas que se realizaron, en tempos e estilos moi diferentes, o mínimo común denominador do volume consiste en desentrañar toda a complexidade que nos arrodea para captar algo que non cambia de década a década, de século a século.

O fío que co que se calceta todo o percorrido é unha mirada incómoda, unha crítica nada compracente do mundo contemporáneo e do capitalismo dominante, entendidos coma estrutura integral de organización da existencia. En tal sentido, trátase dun libro agresivo e provocador, aínda que cun algún destelo de humor. Sobre todo, Pontes co diaño intenta espertar a este mundo adurmiñado na conexión perpetua. Castro busca sendeiros de enlace cunha tradición antiga para pensar o “aquí e agora”, interpretando o presente doutro xeito. É unha tentativa de pensar a simplicidade que se agocha trala trama complexa que nos envolve.

Foto: El País
Foto: El País

Atopamos aquí unha aguda crítica do sectarismo mundial contemporáneo, a intención de perforar a codia das nosas proteccións e chegar a un eido onde brincar sen redes protectoras. Pontes co diaño é unha furiosa mirada sobre o noso racismo latente, iso que case todos pensamos pero do que só se fala libremente, sen cancelas, nalgún raro intre de tempo. Fronte ao consumismo, á conexión permanente e ás consignas dos medios, Castro aposta por buscar relacións afirmativas coa terra, coa sombra, coa negatividade que por todas partes arredamos.

Ademais, o libro amosa simpatía polas culturas exteriores, pois a metáfora do exterior é entendida como expresión da intimidade máis fonda de cada vida. Neste sentido, Pontes co diaño é tamén unha “invitación” irónica a fracasar, pois Castro entende que non hai vida nin corazón sen fracaso. A bendición dos traumas é a que nos fai máis mozos.

pontes co diaño 3O diaño que se nomea no titulo, e co que se busca establecer pontes, non é a figura do mal encarnado fronte a un ben adorado, Deus ou a Democracia. Non se trata diso. O libro de Castro alude tanto á índole individual de cadaquén coma ao lado escuro do real. Neste punto, non se trataría de esmagar a doenza, xa que na confrontación o que se reprime xurdiría logo de xeito letal noutro punto. Non se trata tanto diso coma de abrazar o mal, de apertalo para levantar unha obra, para darlle unha forma intelixible.

En suma, Castro mostra aquí que, para conservar o que paga a pena, hai que ser radical e subversivo. Neste sentido achégase a conservadores incómodos coma Pasolini, Nietzsche ou John Berger.

2 comentarios en “Pontes co diaño, de Ignacio Castro

  1. Gracias Magdalena. Onde publicaron de novo o comentario do libro do amigo Ignacio Castro? Eu non o vin. Pero de todos os xeitos moi agradecido polos teus comentarios. Eres a envidia de calquera páxina web que se precie e non o digo polo que a min me toca, senón polos acertados e magníficos textos que fas sobre os artigos dos demais compañeiros. Unha aperta dende de Boiro.

  2. Querido Gonzalo: Veo con agrado que hay una entrada tuya ” Pontes co diaño , de Ignacio Castro” publicada hace dos años. Pues me alegro muchísimo que la hayan publicado nuevamente para satisfacción de los lectores, Ya veo que tocas todos los palos, pues aparte de la música, tu juicio sobre el libro de Castro bajo mi punto de vista es perfecto.
    Tejes muy bien con ese hilo con el que mencionas ese recorrido de entrevistas que hablan de nuevas tecnologías que el ” agitador compostelano” lanza, contra el sectarismo y el capitalismo y de esa invitación irónica al fracaso.
    Tal vez tenga razón en que no hay vida ni corazón sin fracaso. Sería una utopía lo contrario, y la isla de Utopía solo estaba en la cabeza de Tomas Moro.
    Me alegro de haberte leído nuevamente. Un besiño desde Palmeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *