Esther Carrodeguas, teatro e poesía

estherPastor Rodríguez. Esta rianxeira nada en 1979 é un “animal” teatral, pero tamén poeta. Licenciada en Xornalismo, técnica superior en imaxe, con estudos de teatro, é a directora do grupo teatral Airiños, un grupo con máis de oitenta anos de actividade, pero é asemade actriz, fotógrafa, técnica audiovisual e gañadora do Premio á mellor dirección da Mostra de Teatro Universitario. Sen dúbida, unha das figuras emerxentes de máis forza no Barbanza. Carrodeguas non só escribe, dirixe ou interpreta teatro, sempre co galego como material de traballo, senón que tamén é activista cultural, promotora do concurso Slam de Poesía e poeta, autora de volumes como Collage (Barbantesa, 2011), un poemario rupturista, e Supermarket. Un poemario delicioso, cheo de humor, de retranca, que presenta cun espectáculo propio, que xa vai pola cuarta edición. Non acaban aí as achegas de Esther Fernández Carrodeguas, pois foi premiada no 2006 no Pedrón de Ouro con Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), e publicou tamén “Bolboreta” no volume colectivo A cor dos soños, ademais de “Fantasía nº 1 en mi menor” e “República” (ambas na Revista Núa das Artes Escénicas). esterVersatilidade, humor, forza vital serían as características axeitadas para describir a súa personalidade, sen esquecer o dinamismo que pon nas montaxes escénicas co seu grupo teatral. Porque, como ben escribe en Supermarket, xa de nena “faciamos teatro sen querer / sobreactuabamos / sen coñecer esa palabra / debiamos de ser / o mellor espectáculo do mundo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *