Resolver

resolver1Xerardo AgraFoxo. A cartilla é cada ano máis feble, apenas alcanza unha semana. Os máis desfavorecidos estírana varios días. Consumir fóra deste circuíto é cinco veces máis caro. Nesta situación límite, a maioría aproveita as fendas que se lle ofrecen para resistir. Un exército de vendedores invaden acotío as rúas para ofrecer os produtos máis insospeitados. Algúns venden bolsas de plástico. Outros, fósforos, baldosa de baño, bloques de cemento, gas para chisqueiros, cordóns de zapatos, material escolar, solas de zapatos ou cartóns de ovos. Tamén se venden grolos de ron, rosquillas ou tortas de mazá. E pan, moito pan.

resolver2Son vendedores ambulantes que proliferan dende que a crise paralizou o sistema produtivo e o estado non soluciona os problemas máis básicos. Nesta situación, o verbo máis conxugado é “resolver”:  unha forma de corrupción espallada por todos os recunchos. Roubarlle ao estado –sen que este se inmute– para amainar a situación económica. Resolver é levar toallas dun hotel, medicinas dun hospital, gasolina dunha estación de servizo, ordenadores dunha escola ou cemento dunha obra pública. Tamén ferro dunha fábrica ou alimentos dunha tenda do réxime.

E ti, Yelenia, como resolves? “Eu son jinetera”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *