A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly

portada.fh11Carlos Mosteiro. Pola altura de 1899 en Texas xa dominabamos a escuridade, pero non a calor”. Así comeza a novela desta autora nada en Nova Zelandia, criada en Canadá e que na actualidade vive en Texas, publicada por Factoría K de Libros con tradución ao galego de Carlos Acevedo. Para min é unha novela excelente, nese xénero de fronteira entre infantil e xuvenil, coa suficiente densidade narrativa para interesar tamén a un lector máis adulto.

Calpurnia Tate ten case doce anos e vive en Texas, no seo dunha familia acomodada. Mentres a nai fai todo o posible por facer da súa única filla (Calpurnia ten seis irmáns varóns) unha señorita de boas maneiras conforme aos costumes puritanos da época, a rapaza prefire a compaña do seu avó, o capitán Tate, un librepensador e naturalista que se cartea co mesmísimo Charles Darwin. A través del, no laboratorio, e nas frecuentes excursións ao río, a nena entra nun mundo novo no que accede, non só aos misterios do mundo natural, senón tamén a unha primeira e incipiente conciencia de muller que trae aparellado un doloroso conflito entre as súas ansias de voar e aprender, de ser máis, e os límites que lle impón o decoro feminino, o sentido do que debe ser, do que se espera dela; a evolucion 2entre o desexo de ser naturalista e ir á universidade, e os barrotes que a súa nai pon diante dela en forma de obrigas propias da súa condición e que entorpecen continuamente a consecución dos seus verdadeiros desexos.

 Unha marabillosa novela de iniciación feminina (excelente o deseño dos personaxes das mulleres) e feminista,  o retrato fiel dunha época, o final do século XIX e o comezo do XX, onde aflora e se intúe o nacemento dunha conciencia nova en relación coa opresión que as mulleres empezaban a sentir, nunha sociedade que non lles concedía máis posibilidades de plenitude e ascensión cás dun matrimonio proveitoso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *