A flor de pel, de Javier Moro

florXerardo AgraFoxo. Este autor traballou como “documentalista” nalgunhas obras do seu tío, o recoñecido Dominique Lapierre. Talvez por este motivo, os seus libros teñen un claro sentido histórico e biográfico. Entre eles, destacan Sendeiros de liberdade (1992) sobre a figura de Chico Mendes, convertido en Brasil nun símbolo da loita polo medio ambiente; Pasión India (2005), que reconstrúe a historia de amor entre a bailarina Anita Delgado e o “maharajá” de Kapurthala; O sari vermello (2008), unha historia dramatizada sobre a familia Gandhi, a partir da figura de Sonia, a muller italiana do primeiro ministro indio asasinado, Rajiv Gandhi; e O imperio es ti (Premio Planeta, 2011) que narra a vida do primeiro rei de Brasil, Pedro I.

 A flor de pel (2015) conta a epopea da Real Expedición Filantrópica da Vacina  que saíu o 3 de marzo do ano 1803 do porto da Coruña na “corbeta” Maria Pita, para levar a vacina da varíola polos territorios de Ultramar. moroAo fronte desta ambiciosa e nobre empresa estaba o médico Francisco Xavier Balmis e unha humilde veciña de Ordes, Isabel Zendal, un personaxe anónimo, que se dedicou a coidar os vinte e dous nenos orfos que tiñan como misión levar nos seus corpos o fluído preciso para curaren desta terrible enfermidade a máis de 500.000 persoas, un legado que sentou as bases para que a OMS erradicara este virus no ano 1977.

Unha historia contada cun estilo sinxelo, unha didáctica exposición e a mesma intención divulgativa que sempre emprega este autor. Unha trama argumental na que destacan os enfrontamentos entre os dous protagonistas desta aventura, Balmis e Isabel Zendal, esta última convertida na primeira enfermeira española, e un emocionante relato que nos achega ao remate dunha época escura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *