O camiño dos defuntos, de François Sureau

defuntosInés Otero. París, comezo da década de 1980. Javier Ibarrategui, antigo militante de ETA durante o franquismo, solicita o asilo político en Francia pois cre que se regresa a Euskadi podería ser asasinado polos GAL ou polos seus propios “compañeiros”. Para o goberno francés trátase dun asunto moi delicado. Que facer entón? Ibarrategui pertenceu á cúpula de ETA pero leva dez anos vivindo en Francia. Traballou, sempre afastado de toda actividade política, nun taller mecánico de Quimper e nunha librería de París. Cando se produciu o atentado contra Carrero Blanco en 1973, mesmo escribiu un pequeno texto desaprobando este asasinato, texto que se publicou en panfletos clandestinos pero que criticaron duramente algunhas voces autorizadas da esquerda abertzale.

O autor desta novela, François Sureau, é un recoñecido maxistrado e escritor francés (París, 1957). Cando era máis novo pasou dez anos na Lexión Estranxeira, onde coñeceu o mundo da culpa e da redención. defuntos2Cando saíu O camiño dos defuntos (2013) en Francia –apenas 39 páxinas– confesou que os personaxes desta historia eran ficticios, aínda que a trama era autobiográfica. É dicir, o xurista que protagoniza as páxinas deste historia é o mesmo Sureau. E acotío, despois da súa participación naquel controvertido caso, cisma se tomou a decisión máis oportuna. Cal foron as consecuencias?

A resposta a esta cuestión, e a outros dilemas –xustiza versus lei– que presenta esta breve e intensa obra, correspóndelle agora ao lector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *