Os Kowa, de Xabier Queipo

kowaXerardo AgraFoxo. A novela comeza cun flash back, un científico lembra dende o silencio que se respira no Parque de Bonaval (Todo pasou. Non sei aínda como puiden chegar a saír da selva, mais agora todo pasou) unha viaxe que realizara a Bruxelas –onde visitou unha exposición temática de bolboretas e avelaíñas–, a Copenhague  –un lugar coñecido e amábel– e, sobre todo, a Iquitos. Aquí comezou a súa amarga experiencia ao mergullarse nunha expedición científica –por culpa da Callitaera aurora– que o levará ata un lugar perdido da mesta selva amazónica. Entón sorprendeuno un acontecemento, unha situación límite que só puido superar cando conseguiu buscar a luz navegando augas abaixo por unha xeografía inquietante.

A través do relato das súas vivencias na Amazonía, o protagonista, que partiu levando nas súas costas algúns problemas que o acosaban –a última ruptura está fresca. Coma unha ferida aberta, coma unha fonte superado linfa–, narra con vigor e axilidade a súa aventura en condicións extremas, asemade que sabemos das imaxes literarias que lle veñen á cabeza –A aventura equinoccial de Lope de Aguirre–, dos seus coñecementos científicos como estudoso das sucesións ecolóxicas, dos seus compromiso éticos, da súa condición de viaxeiro –a deleiba dos sentidos–  por terras afastadas e daquel intre no que foi feliz, absurdamente feliz.queipo Ademais, antes de que o círculo da aventura se peche como comezou (Todo pasou…), coñecemos algúns relatos vinculados coa pedagoxía sintética e a cosmogoníaOs Kowa, as lembranzas que lle deixou no seu maxín O corazón na escuridade e os desvaríos de Fitzcarraldo (outra boa escolla evocativa) polas fontes do Amazonas.

Baixo estas premisas, Os Kowa (XXIII Premio Blanco Amor de Novela, 2015), convértese no compendio duns temas xa tratados noutras novelas e relatos deste autor, unha referencia obrigada dentro do panorama da literatura galega contemporánea: a selva ou a homosexualidade (Malaria sentimental), as viaxes (Diarios dun nómada, Ártico e outros mares e O paso do noroeste), o destino (Papaventos) ou a aventura (Extramundi).

Sen dúbida, unha viaxe literaria moi recomendable!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *