O libro dos Baltimore, de Jöel DIcker

baltimoreInés Otero. O autor desta novela é o mesmo d´A verdade sobre o caso Harry Quebert (2012), considerada como a Primeira Gran Novela Americana escrita por un suízo, que tivo máis de 3 millóns de lectores, foi traducida a 38 idiomas e obtivo numerosos galardóns, entre eles, o cada vez máis consolidado, XX Premio San Clemente. Neste caso, o protagonista tamén é o mesmo, Marcus Goldman, que, dende un principio, nos avisa de maneira reiterada que A novela dos Baltimore (2016) está presidida por un “Drama”, un anzol para que o lector se deixe engaiolar por unha historia que ten como principais protagonistas á Banda dos Godlman, un grupo de rapaces –seus curmáns, Hill e Woody, a fermosa Alexandra e o mesmo narrador– que coñecemos a medida que se enfrontan coa vida na costa leste norteamericana, onde nos mergullamos na cultura de tantos filmes norteamericanos: o rugby, os colleges e os campus universitarios de Nova Inglaterra.

baltimore2Para El Cultural estamos ante unha novela titánica, nabokiana, altamente recomendable. Para El País este libro, onde se rastrexa a xeografía da amizade a través dunha historia subordinada aos personaxes, A novela dos Baltimore, converterase, sen dúbida, “en una de las obras del verano”. Para min, esta última obra de Jöel Dicker (Xenebra, 1985) está tecida con tantas e reiteradas trampas, diálogos desmesurados e situacións tan rebuscadas que semella un mecano concibido para “cazar” un determinado tipo lector, sen que importe a calidade literaria das súas páxinas, case 500. Moitas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *