Café cuántico

01203454501_gAgustín Agra. En 1687, nos seus Philosophiæ naturalis principia mathematica, Isaac Newton establecía as leis do movemento e a gravitación universal; con elas explicou o comportamento do mundo. Porén, máis alá do mundo Clásico atópanse os mundos do moi grande e do moi pequeno, o macro e o micro, a escala do Universo e a do mundo cuántico. Para intentar comprendelos, os físicos desenvolveron ao logo do século XX a Teoría dos campos cuánticos e o que poderiamos chamar a gravidade de Einstein: a Teoría xeral da relatividade; ambas as dúas en desacordo dende hai case un cento de anos.

Nos meus días de instituto como alumno apenas aprendín algo de física. Malia ca en 2º de BUP tiven un bo docente, un cuatrimestre non é tempo suficiente para acadar uns coñecementos significativos na materia. Os cursos de 3º e COU foron –nese eido– baldíos. Na aula non se facía nada; o profesor enchía a hora de clase con canto desvarío lle viña á cabeza e daba os temas por explicados. Non sei como me puido aprobar. Iso si, en canto comecei a carreira, paguei ben pagadas as miñas carencias: non din quitado a materia de Físico-química biolóxica ata a sexta convocatoria.

É máis difícil desprenderse dun prexuízo que dividir un átomo, dicía Einstein. E afirmar que a física é difícil de entender é un prexuízo coma outro calquera. Un de tantos que afrontamos acotío. El universo_optSó é preciso atopar a ferramenta precisa: un docente coas dotes pedagóxicas e a vontade necesaria ou un texto de divulgación axeitado (malia que Einstein tamén afirmara ante os seus alumnos ao final dunha clase que se estes o entenderan, el –Einstein- explicárase mal.

Estes días, continuando unha liña emprendida hai tres décadas –tapar un oco do tamaño dun cráter venusiano e saciar a miña curiosidade– encadeei tres libros que abordan esa temática: os dous primeiros sendas biografías de dous homes que buscaron resposta para os misterios do Universo e un terceiro que intenta explicar o traballo de moitos homes e mulleres que andaron ese mesmo camiño de descubrir as leis que o rexen.

El universo en tu mano, de Christophe Galfard, físico teórico formado en Cambridge a carón de Stephen Hawkings, é unha obra de divulgación científica que nos conduce a xeito de experimento mental –de forma orixinal, profunda e clara–, a través do espazo-tempo, os buratos negros, o big-bang ou a teoría de cordas, para poñernos ao día no estado de coñecementos da física actual.

Richard Feynman, premio Nobel en 1965 polos seus traballos en electrodinámica cuántica, foi unha das mentes máis brillantes do século XX. Nas páxinas a cor da novela gráfica Feynman, de Norma editorial, os seus autores (o guionista Jim Ottaviani e o ilustrador Leland Myrick) repasan a súa un tanto extravagante vida; unha infancia na que as matemáticas e a física eran o seu campo de xogos, a súa participación no Proxecto Manhattan –que desenvolveu a primeira bomba atómica–, ou o seu traballo no Caltech –instituto Tecnolóxico de California– no que asemade impartía a materia de Física teórica.

Feynman-portadaO mundo do moi grande e o moi enerxético é o de Einstein –o señor das catro dimensións do espazo-tempo–. Albert buscou unha fórmula que explicase o Universo. A Fórmula. Achegouse moito. No camiño revolucionou a ciencia e tamén as nosas vidas. Mais bateu con fronteiras ata agora insalvables: o infinitesimal, os buratos negros, o big-bang. Achegouse moito. Mais topou con muros tamén insondables, como o de Planck; quedou a 10-41 s: un 1 precedido de 40 ceros, unha coma e outro cero –apenas un chisquiño de tempo–, pero petou contra el. De Norma editorial (con guión de Corinne Maier e ilustracións de Anne Simon) é tamén a novela gráfica Einstein. Nas súas 64 páxinas abórdase de xeito sucinto a biografía deste home convertido en icona do século XX a quen todos citan máis só uns poucos entenden.

Preguntas. Respostas. O espazo-tempo do meu mundo clásico mingua a unha velocidade que para min semella c2. A noite medra fóra e eu non coñezo máis forma ca esta de enfrontarme a ela. Máis alá, o muro de Planck; e eu sen tempo abondo para enxergar, tan sequera por un intre, a outra banda.

3 comentarios en “Café cuántico

  1. Hola Agustín :al leer que eras de Noia, sentí una sensación muy gratificante. Mi abuelo paterno era de esa buena tierra , y yo voy con mucha frecuencia – seguramente me” tira ” ese bendito arraigo -. Es un placer Agustín.
    Es verdad que me encanta aprender y desde que estoy con vosotros en Barbantia aprendo muchas cosas. Siento no saber escribir en gallego, todavía escribiendo en el idioma que me han enseñado lo hago mal, pero como todos conocéis mis carencias ya sé que me lo perdonáis. Gracias por decirme que tú tampoco sabes, pero que tienes curiosidad por aprender, sé que lo has hecho para que yo me sienta mejor. Ya me gustaría tener un poquito de tu cultura, pero, ” tarde piaches “.
    Besiños palmeiráns y gracias por regalarme un poquito de tu tiempo Agustín.

  2. Estimada, Magdalena.
    “Yo no entiendo absolutamente nada del mundo de la física , ni de lo infinitesimal de los agujeros negros, ni de la electrodinámica cuántica… “, dis no teu comentario. Eu tampouco, de verdade; pero, igual ca ti (como demostras cada día) son curioso e gústame aprender.
    O ano de 3º de BUP e os tres de COU foron excepcionais. Coma todxs xs adolescentes desa idade, aprendín moito de moitos temas e vivín experiencias marabillosas. Conceptos de Física poucos, mais si unhas cantas cousas que non se deben facer nunha aula.
    Dende Noia, unha aperta.

  3. Buenas tardes Agustín: – ” Afirmar que a física é difícil de entender é un prexuízo coma outro calquera ” – dices en tu crónica. Yo no entiendo absolutamente nada del mundo de la física , ni de lo infinitesimal de los agujeros negros, ni de la electrodinámica cuántica, con decirte que no sé dividir si me ponen una cuenta con decimales, ya puedes imaginarte a donde llegan mis ciencias exactas, los únicos números que me gustan son los de un libro atribuido a Moisés que forma parte del Pentateuco. Esos me agradan porque no hay que calcular, simplemente hay que leer que eso es más gratificante. Tu espacio a pesar de ser tan complicado para mi, me ha parecido muy interesante, seguro que a una persona versada en esa materia le parecerá excepcional. Siento no poder valorar de otra manera tu trabajo, pero repito, me parece muy bueno. Seguro que los cursos de 30 y COU. no han sido tan inútiles, y si lo han sido, esas repeticiones te han valido de mucho.
    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *